publicidade

Xacobeo

Actualidade

Guía

Suscripción

Contacto

VER CONTIDOS

Marzo 2013

DESCARGAR

Febreiro 2013

Febreiro 2013

  • 21 de maio de 2013

Turismo de Santiago promociona a cidade como destino de congresos en Frankfurt

O SCCB, Santiago de Compostela Convention Bureau, ten en axenda citas con profesionais de Alemaña, Xapón, Reino Unido, Brasil, Singapur e España: axencias de incentivo, touroperadores, asociacións, organizadoras de eventos e OPCs, que xa solicitaron manter unha reunión de traballo na IMEX, que comeza hoxe.

Hai máis de 3.500 expositores de 157 países
  • 21 de maio de 2013

Un acordo para empregar a xente con discapacidade

A Cámara de Santiago comprométese a informar ás empresas sobre a quen dirixirse para contratar e tamén creará un sistema informativo que permita que o servizo de emprego de COGAMI teña información anticipada sobre a demanda de postos. A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade realizará a preselección de candidatos.

O convenio, de duración indefinida, contará cunha comisión de seguimento. O acto estivo encabezado polo titular cameral, Jesús Asorey, e o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga
  • 21 de maio de 2013

Medran os grandes capitais: o patrimonio xestionado pola banca privada en España aumenta case un 2%

Ao peche de 2012 prestaba servizo a uns 400.000 clientes con 325.000 millóns de euros. E podería repuntar un 4% este ano.

Ao peche de 2012 a banca privada prestaba servizo a uns 400.000 clientes, dos que o 45% eran persoas con patrimonios de entre 300.001 e 600.000 euros
  • 21 de maio de 2013

Os responsables TI das empresas séntense case invisibles nas súas compañías

En España, esta cifra sitúase no 77%. Máis de tres cuartas partes afirman que os líderes de negocio e outras divisións non tecnolóxicas implementan novas aplicacións sen consultarlles.

Un 15% consideráse apagalumes (8% en España), un 8% clasifícase coma invisible e outro 7% coida ser percibido coma futurólogo
  • 21 de maio de 2013

A publicidade institucional reduciuse un 70,6% o ano pasado

Segundo o Informe de Publicidade e Comunicación Institucional 2012 o investimento da Administración Xeral do Estado foi de 19,8 millóns de euros. A Asociación Española de Editoriais de Publicacións Periódicas pide que a publicidade institucional se someta á Lei de Transparencia.

Arsenio Escolar, presidente da Asociación Española de Editoriais de Publicacións Periódicas, afirma que
  • 21 de maio de 2013

O Goberno non descarta adiantar a venda de Catalunya Banc e Novagalicia Banco

Se melloran as condicións de mercado e “hai máis apetito investidor”. O obxectivo é recuperar o máximo posible para os contribuíntes.

Jiménez Latorre afirma que se queren conseguir as mellores ofertas para as dúas entidades
  • 20 de maio de 2013

6.000 euros en programas de formación

O concello compostelán patrocina o Premio Emprende organizado por AJE Santiago para menores de 41 anos. O primeiro premio son programas de formación de alto rendemento no Instituto de Formación Financiera e Empresarial e un de crecemento e consolidación de tres meses a través de DCM Asesores.

O prazo de inscrición remata o 13 de xuño
  • 20 de maio de 2013

Un "vademécum" para os directivos

A Asociación para o Progreso da Dirección e Grupo Femxa crean un portal para que os altos cargos das empresas poidan acceder aos coñecementos que precisan.

www.visiondirectiva.apd.es permite adquirir novas habilidades aos altos cargos das empresas
  • 20 de maio de 2013

O 48% dos españois rexeita o aumento na idade de xubilación

Non obstante, o 24% acepta xubilarse máis tarde e o 12% está de acordo pero coa condición de que se establezan uns límites. O aumento da idade para retirarse tamén supón un reto para as empresas e as xeracións futuras.

O 33% do rango de poboación próximo á idade de xubilación non sabe se necesitará recibir respaldo económico da súa familia cando se xubile
  • 20 de maio de 2013

O incremento da subcontratación dinamiza o emprego no sector servizos

Dous de cada tres empresas mantivérona ou aumentárona en 2012 e a tendencia continúa este ano. O 25% das áreas máis externalizadas é a de servizos xerais, coma limpeza e seguridade.

Non só as empresas, cada vez máis concellos galegos, por exemplo, externalizan o seus servizos públicos de limpeza
  • 20 de maio de 2013

Preto de 3.000 certificados en Galicia

Con motivo da súa Asemblea Xeral, Aenor deu a coñecer as cifras de certificacións, que en todo o mundo chegaron case aos 45.000 certificados ao peche do pasado exercicio.

Por tipos, os máis numerosos son os de Xestión da Calidade ISO 9001, con máis de 1.200 certificados na comunidade autónoma
  • 16 de maio de 2013

A Embaixada Británica premia a empresa coruñesa Torus Software Solutions e apoiará a súa expansión comercial en Reino Unido

A compañía (aínda non ten web, fundouse en abril) está promovida e participada por membros do grupo de investigación GAC da Universidade da Coruña, pola UDC e pola Fundación Barrié a través do Fondo de Ciencia. Vén de acadar o premio da primeira edición do UKTI Spain Technology Competition

A UK Trade & Investiment é un organismo gubernamental británico de negocios e investimento
  • 16 de maio de 2013

A Cámara Mineira de Galicia “preocupada” ante a “imaxe distorsionada do sector”

Ante a contínua presenza nos medios das alegacións e queixas de veciños e corporacións contra explotacións mineiras, insiste en que é unha actividade industrial propia de países coma Alemaña, Suecia, Estados Unidos, Canadá e Australia, compatible coa conservación do medio.

Francisco Aréchaga é o actual presidente da Cámara Mineira galega
  • 16 de maio de 2013

Turkish Airlines inaugura o martes o seu primer voo entre Santiago e Estambul

O novo enlace permitrá conectar Galicia cos 223 destinos en 99 países do hub da compañía na cidade turca.

Turkish Airlines foi nomeada mellor aeroliña de Europa nos anos 2011 e 2012
  • 16 de maio de 2013

Os 7 pecados dunha chamada de telemarketing

A poucas persoas gústalles realizalas pero son unha fonte imprescindible para captar máis clientes se se fai de xeito axeitado.

O máis importante é realizar preguntas ben orientadas, escoitar activamente e relacionar as necesidades do cliente coas solucións
  • 16 de maio de 2013

Os bancos españois prepáranse para recibir un novo golpe, segundo o Financial Times

O medio de referencia da City londinense coida que a crecente presión do Banco de España para que as entidades adopten novas provisións en relación coa carteira de préstamos reestruturados duns 200.000 millóns de euros podería provocar un aumento da ratio de créditos dubidosos e reducir as escasas ganancias.

Sede do xornal económico no One Southwark Bridge
  • 16 de maio de 2013

Os directivos e as empresas internacionalízanse

A entrada en novos mercados require profesionais cunha ampla traxectoria, que acheguen experiencia e con capacidade para enfrontarse aos cambios e dificultades.

As compañías ofrecen paquetes salariais competitivos incrementando o variable, reducindo o fixo ou dando máis forza á retribución flexible
  • 15 de maio de 2013

O sector TIC caeu preto dun 5% en 2012 excluíndo as exportacións

Pero o despregue da banda ancha desenvolverá actividade e emprego en 2014. Ametic pide ao Goberno “que se molle” e se comprometa coas start-ups axudándoas a comezar.

Para De Riva, presidente de Ametic, en España e en toda Europa hai un exceso de regulamentación e demasiadas trabas impositivas que gravan a actividade
  • 15 de maio de 2013

Dez investidores crean LaunchLab en Vigo para lanzar proxectos en fases tempranas

Achegarán financiamento e experiencia para o desenvolvemento de ideas de emprendedores. A iniciativa xurde na Rede de Investidores Privados do Círculo de Empresarios de Galicia que foi presentada esta mañá por Jesús Bahíllo, director do Círculo, e Juan Güell, en representación de Redinvest.

Os investidores fixarán, conxuntamente cos emprendedores, un calendario con fitos e obxectivos mínimos. Para ampliar información: www.launchlab.es.
  • 15 de maio de 2013

Os prezos hoteleiros descenden un 13% interanual en Galicia

As tarifas tamén descenderon en toda España respecto a maio do ano pasado, excepto en Baleares. Só en Cantabria, Madrid e Asturias os prezos se reduciron máis que na comunidade galega.

En Galicia os prezos máis económicos son os de Lugo, onde unha noche custa de media 55 euros, igual que en abril, seguida de Vigo, por 60 euros noite, e a máis cara é Santiago de Compostela, cun prezo medio de 74 euros
  • 15 de maio de 2013

A mobilidade internacional aumentará un 10% este ano

Noruega, Emiratos Árabes e Canadá son os países que máis contratarán. Ademais, en Asia se están a abrir novas vías de internacionalización en países como Qatar ou Arabia Saudí.

O estranxeiro presenta numerosas posibilidades para distintos profesionais
  • 15 de maio de 2013

A crise provoca unha baixada do abandono escolar

A taxa entre os homes achégase ao 30%, mentres que no caso das mulleres apenas supera o 20%. Cun índice global próximo ao 25%, España case dobra o promedio europeo do 14,5%.

A taxa de alumnos que deixan a escola evidencia que cómpre redobrar os esforzos por reducir o abandono prematuro do sistema educativo no noso país
  • 14 de maio de 2013

Alianza dos clústers madereiros galegos, cataláns e vascos

Haberá unha plataforma web coas empresas dos tres. A finalidade principal é contar cun grupo que se complemente para abordar proxectos no exterior, compartindo recursos e resultados. Os asociados non desbotan incorporar  a outros clusters do sector.

Un grupo de arquitectos visita Portadeza, unha das empresas do clúster galego que traballa pola promoción e difusión do uso deste material
  • 14 de maio de 2013

Muller de entre 26 e 45 anos

Unha das maiores webs de comercio electrónico dí que son elas, de xeito maioritario, as que mercan smartphones e accesorios no noso país.

A usuaria busca equipos a un prezo sen competencia e coa absoluta liberdade para poder utilizalo co operador que elixa
  • 14 de maio de 2013

A multinacional española do xogo Codere mellora beneficios grazas ao mercado galego

Aínda que en global factura 397,6 millóns de euros en 2012 -un -1,4% menos debido á caída de ingresos en Arxentina pola Lei Antitabaco- medra o negocio de apostas deportivas impulsadas polo despregue deste negocio en Galicia, xunto a Comar, e na Comunidade Valenciana.

Neste trimestre alcánzanse os 1.031 puntos de apostas Codere en España, un 46% máis que no mesmo periodo do ano anterior, impulsados polo despregue deste negocio en Galicia e a Comunidade Valenciana
  • 14 de maio de 2013

O "factoring" galego acada 4.224 millóns de euros en 2012

Galicia é a sexta comunidade autónoma en volume de cesións, co 3,41% do total movido en España. En Galicia, a provincia da Coruña acapara o 58,57% e a de Pontevedra o 28,73%.

A facturación electrónica foi un dos temas abordados na XXVIII Asemblea Xeral da Asociación Española de Factoring
  • 14 de maio de 2013

Ferramentas de acción para líderes de hoxe

Álex Rovira, Mario Alonso Puig e Juan Mateo, tres dos máis recoñecidos expertos en liderado, achegan mañá a Galicia o programa de management Logra, unha iniciativa que ten por obxectivo sensibilizar, reflexionar e aprender métodos de acción no ámbito do liderado.

O empresario Álex Rovira será un dos tres expertos que participen mañá na xornada "Ferramentas de acción para líderes de hoxe"
  • 14 de maio de 2013

Un 7,8% restaurantes de vodas pecharon ou mudaron de xestores

A restricción do crédito bancario chega a tódolos sectores. Neste caso, ao tratarse dun negocio estacional onde o groso da facturación realízase entre maio e outubro, os establecementos recorren con frecuencia ás pólizas de crédito para o inverno.

Polo de agora estímase un decrecemento do 4,6% sobre o peche do 2012
  • 14 de maio de 2013

O turista galego decántase por escapadas curtas dentro da comunidade

A tendencia neste nicio de 2013 apunta a unha consolidación das viaxes preto do lugar de residencia. A ponte das Letras Galegas augura unha ocupación do 80%, cun gasto medio de 178 euros.

A gran oferta de balnearios que hai en Galicia é un dos atractivos para o turista
  • 13 de maio de 2013

Deseño de excepción para conmemorar unha longa historia

Aguas de Mondariz celebra o seu 140 aniversario cunha edición limitada de 300 botellas deseñada por Sargadelos. O novo envase foi presentado en Santiago polo conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, en directivos da empresa de augas e da de cerámica

A botella foi presentada en Santiago polo conselleiro de Economía e directivos de Sargadelos e Aguas de Mondariz
  • 13 de maio de 2013

XesGalicia e Enisa mobilizarán este 2013 un total de 50 millóns para financiar empresas

19 proxectos galegos xa están a ser estudados para o seu posible acceso a cartos de orixe tanto pública coma privada.

Os proxectos captados por XesGalicia, coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN), poderán ser a súa vez remitidos a Enisa, ofrecendo ás empresas unha dobre posibilidade de financiamento
  • 13 de maio de 2013

Só un 22% das pemes españolas realizan innovación interna

A porcentaxe das pequenas e medianas empresas deste país está máis de 13 puntos porcentuais por baixo da media europea e aínda moito máis alonxada do índice de Alemaña, que supera o 45%.

A Comisión Europea afirma que os principais motores que impulsan o crecemento da innovación son as pemes e a capacidade de converter ideas en produtos e servizos comerciais
  • 13 de maio de 2013

1.405 millóns de euros e 64.000 empregos

A Asociación de Contact Centers Española (ACE) agrupa a máis do 80% das empresas do sector e puxo hoxe estas cifras de facturación e postos de traballo sobre a mesa.

  O axente do Contact Center en España é unha muller de entre 26 e 35 anos con estudos secundarios cuxos niveis de absentismo e rotación están en mínimos históricos
  • 13 de maio de 2013

Portugal, Angola, Mozambique, Colombia e Andorra súmanse á rede de delegacións internacionais de Termatalia

A Feira Internacional de Turismo Termal xa cobre 18 países de catro continentes. As incorporacións reforzan máis o carácter internacional da próxima edición que se celebrará en Ourense, capital termal, entre o 20 e o 22 de setembro de 2013.

Todos estes profesionais colaboran para promocionar á feira ourensá como centro de negocios internacional da industria termal
  • 13 de maio de 2013

O presidente de Cepyme, Jesús Terciado, critícalles a Goberno, concellos e comunidades subir impostos a familias e empresas

Di que restan posibilidades de consumo e investimento mentres que é partidario de acometer algún axuste máis no mercado laboral. Pero Rajoy asegura que o Goberno está moi satisfeito co funcionamento da reforma e que non ten ningunha intención de cambiala.

Terciado asegura que “moitas empresas están pensando en traer a produción a España, pero moitas veces non atopan financiamento para facelo”
  • 10 de maio de 2013

Os novos empresarios reclaman que se simplifiquen as xestións para achegar o financiamento

Durante a última xornada do 6º Congreso Internacional de Xóvenes Empresarios que se celebra en Vigo, instaron ás admnistracións a que se impliquen máis naqueles pequenos proxectos que demostran o potencial e o talento dos mozos galegos.

Imaxe central do 6º Congreso Internacional de Xóvenes Empresarios organizado por AJE-Galicia
  • 10 de maio de 2013

Un 27% dos mozos coruñeses dí que quere montar o seu propio negocio

O 42% elixirá o grao por vocación e un 35% en función das saídas, segundo un estudo da consultora Círculo Formación realizado a máis de 13.100 mozos entre todos os que acudiron (uns 27.000) ao Salón de Orientación Universitaria Unitour 2012-2013, celebrado en 24 cidades españolas, cinco italianas, catro alemás, dous portuguesas e Andorra.

Imaxe dunha das edicións deste ano de Unitour
  • 10 de maio de 2013

Pechando o problema aberto das Cámaras

O Goberno aproba hoxe a nova lei de Cámaras de Comercio, que fixa o tan solicitado novo marco de financiamento apoiado, básicamente, na prestación de servizos, polo que se ampliará o abano dos que poden prestar. Competirán coas confederacións empresariais e terán encomendas de xestión.

Sede do Consello Superior de Cámaras, en Madrid
  • 10 de maio de 2013

Os galegos collemos menos o bus urbán

Sexa porque non hai traballo onde ir ou porque se traballa máis dende casa, a tendencia é esta. En marzo baixaron os usuarios con respecto a hai un ano un 11%, cifra similar no resto do Estado, cunha baixada do 9% de media. E non só no bus urbán: nos trens de cercanías e media distancia, nos avións de rutas internas e nos metros. Só se salva a longa distancia en tren.

O bus pasando pola viguesa Praza de España
  • 10 de maio de 2013

A CEO amosa ás pemes os instrumentos da reforma laboral para acadar a flexibilidade

Os convenios sectoriais, os acordos de empresa e individuais, ou as regulacións colectivas son algúns medios cos que o empresario pode conseguir obxectivos en canto a distribución horaria, polivalencia funcional, estrutura salarial ou mobilidade xeográfica.

Momento da conferencia impartida onte por Antonio Domingo Tudó na CEO
  • 10 de maio de 2013

Aberta a segunda convocatoria de axudas para contratar Internet vía satélite

Están dirixidas a familias e empresas das zonas máis illadas de Galicia que non dispoñen de acceso de banda larga, de cand menos 2 Mbps, mediante outra tecnoloxía, e con elas sufragaranse ata 150 euros dos gastos de instalación e o equipamento no interior das vivendas ou das empresas.

Esta medida, que tivo unha primeira convocatoria en 2012, é unha das actuacións do Plan de Banda Larga para facilitar o acceso a Internet a todos os galegos
  • 09 de maio de 2013

Acordo para que as marcas galegas do téxtil medren máis en México

O Clúster Galego Textil Moda (COINTEGA) e a Cámara Nacional da Industria do Vestido de México (CANAINVES), asinan un protocolo de colaboración no país americano que prioriza a procura de investidores e franquiados para o desenvolvemento das empresas galegas alí.

O presidente de COINTEGA, José Antonio Conde (á dereita); o da Cámara Nacional da Industria do Vestido, Sergio López; Elena Achar Samara, Titular da Unidade de Promoción de PROMÉXICO e José Ángel Santamarina, director da Plataforma Empresarial de Galicia
  • 09 de maio de 2013

As empresas lideradas por mulleres teñen máis éxito

Eso alo menos dí un estudo un estudo publicado por Dow Jones VentureSource e a Universidade do Estado de California: que as compañías nas que existe unha maior proporción de mulleres no consello directivo teñen máis posibilidades de triunfar que as que teñen menos. Polo seu xeito de dirixir, máis participativo e directo.

A clave está en favorecer a interacción e o diálogo, logrando a implicación, algo que as mulleres adoitan facer moi ben
  • 09 de maio de 2013

A banca ética incrementa clientes e resultados en España

Un 60% no aforro dos seus máis de 100.000 usuarios e un 20% nos préstamos concedidos no 2012, en contraste cos datos negativos de boa parte da banca convencional, cun prestixio baixo mínimos. Esta banca non concede préstamos persoais nin de consumo, pero facilita o crédito a entidades e proxectos sen ánimo de lucro.

Oficina de Triodos Bank na coruñesa Avenida de Finisterre
  • 09 de maio de 2013

Galicia, líder mundial na produción de novos materiais de aplicación industrial

A fibra de pizarra, un material único que permite realizar pezas para obras de enxeñaría civil, automoción, medicina ou material deportivo, foi un dos compostos presentados nun showroom organizado polo Centro de Excelencia de Vigo, que congregou a máis de medio cento de persoas.

De esquerda a dereita: Paula Fajardo, de Anfaco-Cecopesca; Alberto Tielas, de CTAG; José Antonio Vilán, da Universidade de Vigo, e Elena Rodríguez, de Aimen
  • 09 de maio de 2013

Os hoteis galegos son os máis baratos de España

Son os que máis axustaron os prezos á situación, rebaixándoos un 17%, ata os 51,21 euros por habitación e noite, moi lonxe dos 83,41 euros que custa pernoctar de media nos hoteis cataláns.

Os destinos urbanos son moi populares para escapadas curtas de fin de semana, pero existen grandes diferenzas de prezos entre as cidades españolas
  • 09 de maio de 2013

Os españois dispoñen cada vez de menos diñeiro para consumo non básico

As vacacións, a moda e o mantemento do fogar son as principais actividades nas que gastan os ciudadáns cando contan cun dinero extra, que cada vez é menos. Así, relegados quedan numerosos artículos relacionados coa cultura.

A crise está a deixar a moitos españois sen un diñeiro extra co que poder mercar produtos e servizos non básicos
  • 09 de maio de 2013

A Feira do Libro chega a Lugo o martes

Encherá de volumes a Praza Maior na súa 31ª edición despois de ser un éxito nas celebradas en Ferrol e Santiago. Estará aberta ata o domingo 19 de maio e nela participarán dez librarías.

Imaxe da 30ª edición da Feira do Libro de Lugo, celebrada o ano pasado
  • 08 de maio de 2013

Eurofund Investments e Intu Group desenvolverán o futuro centro comercial vigués de Porto Cabral

O que comezou coma un rumor consolídase. Os proxecto da joint venture tomará como referencia o modelo de éxito de Porto Venecia, en Zaragoza, inagurado hai un ano seguindo un concepto pioneiro no sector: o shopping resort.

Porto Venecia, na inauguración, contaba cunha taxa de ocupación de máis do 90% dos seus 206.000m² de superficie alquilable, destacando a presenza de IKEA, O Corte Inglés, Primark, Hollister, Apple e Inditex
  • 08 de maio de 2013

As empresas sofren polas deficiencias de cobertura

A maioría están dispostas a cambiar a un operador que poida resolver este problema e ofrecer servizos de mobilidade adicionais.

O aforro mundial de custos potencial sería de 60.000 millóns para os clientes empresariais de servizos xestionados a través de sistemas de small-cells
  • 08 de maio de 2013

Un mascarpone galego, distinguido a nivel internacional

O queixo elaborado pola luguesa Quecrem recibíu a máxima calificación do xurado internacional Taste & Quality Institute, formado por membros das 14 institucións culinarias máis prestixiosas de Europa.

Momento da cata realizada polo Taste & Quality Institute
  • 08 de maio de 2013

A galega Edisa medra xunto ás compañías de distribución farmacéutica

En España os medicamentos chegan ás oficinas de farmacia prácticamente na súa totalidade a través dos maioristas distribuidores. E os cinco primeiros distribuidores copan o 61% do mercado. É precisamente neste sector no que a empresa de software conseguiu incrementar presenza, facturación e clientes co seu programa LIBRA.

O éxito de LIBRA tamén se extende a outros sectores, é a principal ferramenta comercial desta empresa ourensá cun crecemento sostido nos últimos anos
  • 08 de maio de 2013

Preto de 400 novos autónomos ao día

O número de emprendedores en España aumenta por segundo mes consecutivo: concretamente en 11.915 novos autónomos durante o pasado mes, e hai comunidades que rexistran resultados positivos xa desde principios de ano.

O comercio foi un dos sectores onde máis aumentou o número de autónomos en abril, concretamente 3.548 novas altas
  • 07 de maio de 2013

Valença e Tui, unidas por un mesmo logo

A Eurocidade presentou hoxe a súa nova imaxe corporativa, un logotipo que pretende identificar aos cidadáns deste territorio co proxecto que se está a construír entre as dúas cidades fronteirizas.

O logotipo da Eurocidade Valença Tui foi seleccionado entre 17 propostas presentadas a un concurso organizado pola Cámara Municipal de Valença e o Concello de Tui
  • 07 de maio de 2013

As exportacións téxtiles española abren camiño á caída da demanda interna

O incremento nas vendas ao estranxeiro mellora a situación actual do sector e amplía as posibilidades de negocio. O sector medrou as súas transaccións fóra de España un 8,9% o pasado ano, segundo o Consello Intertéxtil Español.

O mercado exterior representa unha boa oportunidade para aquelas empresas téxtiles españolas que se viron afectadas polo retroceso do mercado nacional
  • 07 de maio de 2013

A rede de aulas Cemit, candidata aos Premios de Internet 2013 organizados por diadeinternet.org

Máis de 20 centros da rede acollen cursos con motivo do Día de Internet, que se celebra o vindeiro 17 de maio. Cemit, presente en 94 concellos galegos e con máis de 21.000 usuarios rexistrados, ofrece formación dixital gratuíta a cidadáns e empresas.

Aula da rede Cemit, na que existen 98 salas distribuídas en 98 concellos de Galicia
  • 07 de maio de 2013

España dá poucas facilidades para facer negocios

Así o sinala o informe Doing Businees 2013 do Banco Mundial, que sitúa a este país no lugar 44 da clasificación da facilidade para facer negocios en 185 países, co que baixa dous postos respecto a 2012. 

Singapur –na imaxe o Teatro Esplanade en primer termo e a noria Singapur Flyer ao fondo– é o país que ofrece máis facilidades para facer negocios
  • 06 de maio de 2013

A recollida e a reciclaxe de envases xeran máis de 42.000 postos de traballo en España

Case o 50% do emprego directo xerado por este sistema correspóndese a postos de traballo en plantas de tratamento. Andalucía, Madrid e Cataluña son as comunidades autónomas onde máis empreg directo se xera.

Por cada euro que o SIX de Ecoembes demanda ao resto da economía, esta responde xerando unha actividade valorable en 2,8 euros
  • 06 de maio de 2013

Como se reinventa unha empresa para sobrevivir nunha contorna cambiante

Tomando como exemplo o caso de Universal Music, Antonio Díaz Morales -director da Nebrija Business School- impartirá unha conferencia este xoves 9 de maio, de 18 a 19.30 na Cámara da Coruña, para explicar cómo facelo.

Autor de numerosos traballos de investigación, artigos e conferencias, coas súas reflexións o relator quere poñer de manifesto que os éxitos pasados non garanten éxitos futuros e os negocios han estar en constante reinvención
  • 06 de maio de 2013

Preto de 200 persoas buscan reinventarse esta semana no 6º Congreso de AJE

Antonio Catalán e Carlos Barrabés destacan entre os relatores dun evento que se celebra xoves e venres no Centro Social Novacaixagalicia de Vigo, e que será inaugurado polo alcalde, Abel Caballero.

Antonio Catalán, fundador das cadeas hoteleiras AC e NH, non faltará á cita
  • 06 de maio de 2013

728 galegos atoparon traballo en abril

Son os datos desta mañá do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, que sitúan o total de parados en 290.459.

En toda España en abril houbo 11.915 novos autónomos, o que supón prácticamente 400 novos cada día
  • 06 de maio de 2013

A recuperación económica virá da man de autónomos e microempresas

As asesorías de empresas son máis optimistas sobre a evolución do seu negocio que sobre a economía en xeral, segundo unha enquisa realizada a 1.250 despachos profesionais de toda España. O 47% pensa que mellorarán as perspectivas de crecemento para os traballadores por conta propia.

A análise presenta o autoemprego e as microempresas como motor da economía
  • 03 de maio de 2013

Posada recibe un novo recoñecemento do Instituto Monde Selection

A firma ourensá de marron glacé recollerá por segundo ano consecutivo o Diploma de Prata pola súa pasta de castaña elaborada en Xapón baixo un método exclusivo e coa materia prima galega. O seu creador, José posada, faleceu hai apenas tres meses.

A firma foi creada en 1989 e pronto acadou notoriedade pola calidade dos produtos e a investigación
  • 03 de maio de 2013

Mondariz estrea nova campaña con David Cal coma protagonista

A marca elixiu ao máximo medallista olímpico español “polos vínculos e valores que o deportista comparte coa empresa”. A campaña, que durará catro meses, é exclusiva para o mercado galego.

A firma centenaria tira dunha mensaxe concisa e directa
  • 03 de maio de 2013

Cara o mercado israelí

A Cámara de Comercio de Santiago organiza a partir de mañá sábado e ata o 9 de maio unha misión comercial directa a Israel onde van empresas galegas da construción, alimentación e téxtil. As nosas exportación ao país aumentaron o seu valor en máis dun 62% en 2012 nun país moi similar ao noso.

A imaxe dos produtos españois é boa e os gustos e a forma de ser entre ambos países similares
  • 03 de maio de 2013

A CEL inicia a semana próxima a súa programación formativa para desempregados

Estes cursos, que se desenvolverán entre os meses de maio e decembro, permiten aos seus alumnos o acceso a un certificado de profesinalidade, titulación válida en todo o territorio nacional que acredita determinadas competencias profesionais.

A CEL está rematando a programación formativa correspondente ao seu Plan Intersectorial 2012-2013
  • 03 de maio de 2013

O Consello de Ministros aproba o anteproxecto de lei de caixas de aforros e fundacións bancarias

Entre as novidades figura o non establecemento de límites temporais ás fundacións para saír do capital dos seus bancos filiais. E declara incompatible ser patrono dunha fundación cun cargo equivalente na entidade participada.

O Banco de España imporá penalizacións, en forma dun fondo de reserva, ás fundacións que controlen o 50% ou máis dun banco. Na imaxe sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña
  • 02 de maio de 2013

A comunicación gráfica ten futuro

O Clúster do Produto Gráfico e do Libro celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria presentando o seu plan de actuación 2013, que ten como eixos centrais a innovación, o aumento da competitividade e a internacionalización.

Imaxe da Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster do Produto Gráfico e do Libro
  • 02 de maio de 2013

A UPTA avisa de que as retencións ao 21% poden provocar o peche de moitas empresas

A Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos asegura que se desexa de verdade promocionar a actividade de novos profesionais tamén deberíase voltar ao tipo reducido nas retencións do 7%.

En principio, a retención do 21% tiña un carácter estrictamente excepcional ata o 1 de xaneiro de 2014 e debía retornar automáticamente ao tipo establecido do 19%
  • 02 de maio de 2013

Pemex merca a metade de Barreras

10 millóns de euros faranlle propietario do 51% das accións. A previsión é que a petroleira e os accionistas de Barreras achéguenos conxuntamente e semella a garantía definitiva para a construcción dos  floteis. A petroleira quere tamén destinar o mantemento doutros barcos da súa flota aos estaleiros galegos.

Ao ter control do estaleiro, Pemex xa pode decidir con total autonomía como será a construción dos seus dous floteis
  • 02 de maio de 2013

En 2020 faltarán en España 1,9 millóns de traballadores altamente cualificados

Para ese ano se terán creados neste país catro millóns de novos postos de traballo que requerirán unha alta cualificación, entrarán no mercado laboral 2,1 millóns de novos talentos e recuperaranse 500.000 desempregados con talento, pero tamén se perderán uns 540.000 que se xubilarán, segundo o informe Into the Gap de Randstand

O estudo "Into the Gap" analiza o desaxuste cuantitativo e cualitativo do mercado laboral e a escaseza de talento
  • 30 de abril de 2013

Antonio Basagoiti deixa Pescanova

O presidente de Banesto formou parte do bloque crítico do consello coa xestión de Manuel Fernández de Sousa, e dimite un día despois de que a firma presente un recurso de reposición contra o auto polo que se apartaba da xestión da compañía ao consello de administración.

Antonio Basagoiti García-Tuñón é bisneto do fundador de Iberdrola. Avogado de formación tamén presidiu Unión Fenosa. Dende 2010 faino no Banesto
  • 30 de abril de 2013

Adolfo Domínguez pecha con perdas de 23,9 millóns de euros pero aumenta vendas no estranxeiro

Os ingresos en España e Portugal caeron un 10,8%, pero os do exterior subiron un 13,8% máis, ata 41,8 millóns de euros, destacando o bo comportamento en México e Xapón e as vendas de internet, que medran case un 400%. Pero podería pechar tendas no noso país.

A firma ten mellores expectativas fóra da Península
  • 30 de abril de 2013

Un colector de lixo creado en Galicia gaña un prestixioso premio internacional

O grupo Formato Verde, con sede na Tecnópole, vén de ser galardoado co Adesign Award de deseño industrial polo seu colector Big Bin. O contedor, fabricado integramente con pezas procedentes de empresas galegas, foi premiado na categoría de mobiliario urbán pola calidade técnica e unha solución construtiva non existente no mercado.

O equipo da empresa xunto ao colector premiado
  • 30 de abril de 2013

O emprego xerado polos autónomos aumenta un 1,6%

Foron 11.617 novos traballadores en toda España de marzo de 2012 a marzo de 2013. Malia a falta de crédito e a caída do consumo.

Dos 3.005.396 que hai en España, 1.895.528 son persoa física, non se constituíron con ningunha forma societaria o 63% do total
  • 30 de abril de 2013

O Grupo Cortizo continúa coa expansión internacional con ampliacións e novas aperturas

A compañía vén de incrementar a capacidade produtiva da súa fábrica de Nová Baña (Eslovaquia) e abriu un novo centro de distribución e loxística en Rumanía. O grupo factura o 70% da súa produción anual de aluminio en países de Centroeuropa.

Imaxe aérea do centro produtivo de Cortizo en Nová Baña (Eslovaquia)
  • 30 de abril de 2013

Alugar o piso enteiro ou por habitacións?

Alugalo completo conta con máis protección legal, pero facelo por habitacións ten máis garantía de cobro.

Os pisos que se promocionan como aluguer de habitacións adoitan ter unha maior acolleita. É un mercado moito máis amplo
  • 29 de abril de 2013

O 93% dos economistas coruñeses non apoia a suba dos tipos reducidos do IVE suxerida pola UE

O 77% non augura síntomas de crecemento para este ano e o paro continúa sendo a maior preocupación. Reclama captar investimento estranxeiro, mellorar o sistema educativo e crear novos nichos de emprego.

Dous coruñeses sestean nos Xardíns de Méndez Núñez. O desemprego, o maior dos nosos problemas
  • 29 de abril de 2013

A factura electrónica en Galicia, lento crecemento

O 1.87% das emitidas en 2012 fórono en formato electrónico, porcentaxe que sobe ao 3% no caso das recibidas.

Moitas empresas desapareceron e outras usan esta factura para aforrar
  • 29 de abril de 2013

Galicia supera a media nacional de incidencia de siniestralidade laboral

Con 2.925,5 incidencias de accidentes con baixa durante a xornada por cada 100.000 traballadores, a galega é a quinta comunidade autónoma cunha taxa máis alta, superada polas Illas Baleares, Asturias, Castela-A Mancha e Canarias.

O sector da construción posicionouse como o sector con maiores índices de siniestralidade (6.004,4)
  • 26 de abril de 2013

A ubicación, o máis determinante para escoller unha vivenda

Está por diante do prezo, tanto para mercar coma para lugar. O proceso comeza seleccionando a ubicación e despois búscase piso na zona. Os homes priorizan que a vivenda estea preto do lugar de traballo, mentres que as mulleres que se sitúe nun núcleo urbán.

6 de cada 10 españois están dispostos a pagar pola vivenda ideal entre 100.000 e 200.000 euros. A media das respostas de todos dá 187.000 euros. Na imaxe, vivendas na rúa Valentín Paz Andrade, en Pontevedra
  • 26 de abril de 2013

A clase media angoleña demanda cada vez máis produtos de calidade

Dez empresas galegas dos sectores de madeira, naval, alimentación, viño, frío industrial e produtos químicos buscan o seu nicho nunha misión comercial ao país lusófono organizada pola Cámara da Coruña. Hai marcas introducidas, como Estrella Galicia. 

A implantación de marcas internacionais é crecente nun país que medra co petróleo e que importa o 95% dos bens que consume
  • 26 de abril de 2013

Á espera do tino da CNMV, Pescanova pecha unha planta en Arxentina

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, espera “que se acerte" co administrador concursal designado pola Comisión Nacional do Mercado de Valores que tomará as rendas de empresa galega.

Os buques Argenova XII e Argenova XXII teñen débedas co persoal de marineiría a
  • 26 de abril de 2013

Os alemáns, os que máis gastan no noso país nas vacacións

O gasto dos turistas estranxeiros aumenta un 8,4%; e por estas datas, Canarias e Cataluña son as que máis pastel levan. Os alemáns deixaron 1.561 millóns de euros, o 16,8% do total. Seguíronlles británicos, con 1.526 millóns; os procedentes de países nórdicos, con 1.374 millóns; e franceses, con 960 millóns.

A praia da Barceloneta unha tarde de verán, atopar onde botar a toalla semella misión imposible
  • 26 de abril de 2013

Un empurrón para os primeiros pasos

Máis de 100 profesionais participarán no seminario que se celebrará esta tarde no Centro Demostrador TIC, no que expertos na xestión económica financeira da empresa mostrarán os aspectos que se deben ter en conta á hora de niciar unha nova actividade económica.

Esta actividade poderá seguirse a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de A Coruña, Ourense, Vigo e Pontevedra
  • 26 de abril de 2013

A Feira do Libro de Santiago encherá dende mañá de libros a Alameda con descontos do 10%

A XXXII edición, que se reinventa coa biblioteca infantil, casetas máis dinámicas ou o maior número de actividades para nenos, será inaugurada ás 13.00 horas cun monólogo a cargo do actor Carlos Blanco, que substitúe ao tradicional pregón.

Már Vázquez Fernández e Xosé Antón Pedreira Mirás, durante a presentación da XXXII Feira do Libro de Santiago
  • 25 de abril de 2013

Galicia, quinta de España en rexistro de marcas

Está xusto detrás das grandes comunidades autónomas (Madrid, Cataluña, País Vaco e Andalucía) e xunto a Valencia e Aragón. Pero existe unha gran diferenza entre as provincias do interior e as atlánticas. En 2011, por exemplo, en Galicia rexistráronse un total de 2.701 marcas e 332 patentes.

Na web www.marcastufuturo.com están as cifras extraídas do estudo “Impacto das marcas na economía e na sociedade”
  • 25 de abril de 2013

20 empresas galegas reuníronse esta mañá co embaixador de Uruguai en España, Francisco Bustillo

Bustillo aproveitou a reunión para comentar que, a viaxe oficial que realizará o presidente de Uruguai, José Múgica, a España en maio, incluirá unha visita a Galicia para manter tamén un encontro con empresarios.

Imaxe da xuntanza desta mañá na sede compostelá da CEG
  • 25 de abril de 2013

Cese fulminante de Ángel del Real ao fronte do Porto de Ferrol

Hai fontes que atribúen a destitución a discrepancias co Concello de Ferrol pola súa xestión na área urbanística. Pero movíase en augas revoltas dende había meses por cuestións de índole máis persoal. Substitúeno o concelleiro ferrolán José Manuel Vilariño Anca.

Deixa o cargo segundo orde da Consellería de Medio Rural e do Mar que publica hoxe mesmo o Diario Oficial de Galicia
  • 25 de abril de 2013

Magma de Cabreiroá recibe por terceiro ano consecutivo o máximo galardón nos premios Monde Selection

A marca de auga premium recibíu o premio Grand Gold que otorga o Instituto de Calidades Monde Selection, o que leva aparellado ademais o recoñecemento do produto galego co Trofeo Internacional de Alta Calidade que se entregará o 31 de maio en Estocolmo.

Magma obtivo unha valoración entre o 90% e o 100% nos premios Monde Selection
  • 25 de abril de 2013

As consultoras de franquías asinan o seu código deontolóxico

Transparencia, independencia, integridade, respecto, compromiso, libre competencia, cualificación, creación de valor, confidencialidade, garantías de calidade, e innovación. A iniciativa, inédita a nivel mundial, marca unhas normas éticas en canto a protocolos de actuación e reforza a credibilidade da franquía en España.

Representantes da AEF e das oito principais empresas de consultoría que asistiron á sinatura do Código Deontolóxico das Empresas Consultoras de Franquía
  • 24 de abril de 2013

Sacar ideas de onde parece que non hai

O movemento HTM (Faino ti mesmo) trasládase ao mercado. Hai empresas creadas en torno a este concepto, nado da necesidade de aforrar, que provén de produtos e instalacións para que o usuario pase de consumidor a creador.

HTMBoxes ofrece instalacións con elevadores, ferramentas e equipamiento profesional para que os afeccionados e entusiastas da automoción poidan arranxar e reparar eles mesmos os seus propios coches e motos
  • 24 de abril de 2013

Freada no descenso en investimento publicitario

Os anunciantes españois recortárono un 17,7% durante o primeiro trimestre deste ano, o primeiro dos últimos nove no que a caída é menor que o anterior. A televisión foi o medio que menos ocupación perde, o resto diminúe a ocupación publicitaria por riba dos dous díxitos.

Só cabe esperar unha posible menor caída que a iniciada no primeiro trimestre do ano ao longo dos próximos trimestres
  • 24 de abril de 2013

O proceso de Ence

Representantes de tódolos comités de empresa reúnense hoxe coa dirección en Madrid para seguir coas negociacións sobre o plan de competitividade laboral proposto polo grupo pasteiro. Pero a folga convocada, que inclúe á planta de Pontevedra, segue en pé.

A dirección de Ence suscitou nun primeiro momento 144 excedentes de persoal a nivel nacional. Na imaxe, a planta de Lourizán
  • 24 de abril de 2013

Hai vida para o comercio

Moitos consumidores pregúntanse se nun futuro próximo só se mercará a través de ordenadores e dispositivos móbis e será o fin das compras nas tendas físicas. Pero non parece así. Os usuarios buscan información local sobre as ofertas das tendas que teñen cerca.

O sondeo levouse a cabo posteriormente á visualización dun folleto de ofertas e aos usuarios que declararon ter intención de visitar a tenda volvéuselles enquisar aos 7 días vía email
  • 24 de abril de 2013

Se unha compañía non desenvolve novas ideas non ten futuro

A rutina, e a necesidade de obter resultados tanxibles a curto prazo fan que os empresarios esquezan a importancia que ten a creatividade para diferenciarse da súa competencia. Máis de medio cento deles asistiron onte a unha xornada organizada polo Centro de Excelencia de Vigo para compartir experiencias.

Imaxe da xornada desenvolvida onte na Zona Franca de Vigo
  • 23 de abril de 2013

Televés foi seleccionada para probar as súas solucións sobre BonFIRE, a maior plataforma Cloud de test de Europa

“É un fito para nós, colócanos un paso por diante dos nosos competidores. As probas que imos realizar non poderían efectuarse en ámbitos reais nin en laboratorios ou centros de investigación convencionais", apunta Byron Ortiz, xefe de enxeñaría de software e responsable do proxecto da empresa compostelá.

Esta plataforma inclúe comunicacións, xestión de dispositivos e seguridade
  • 23 de abril de 2013

O IESE Business School inicia o Programa de Desenvolvemento Directivo-PDD Galicia

Nesta edición participan un total de 22 executivos galegos de 15 empresas. O programa desenvolverase todos os venres dende abril a novembro no Hotel Los Abetos de Santiago de Compostela.

Imaxe dos alumnos da edición 2013
  • 23 de abril de 2013

O prezo medio da vivenda acumula un axuste do 35,3%

Sitúase nos niveis que rexistraba en 2004, segundo a sociedade de tasación Tinsa. Pero Lugo (-16%) e Ourense (-18,3%) son das provincias que menos baixaron os prezos, alleas tamén ás subidas fóra de lóxica. É máis, Fomento dí que no primeiro trimestre do ano o prezo da vivenda libre medrou Galicia un 0,9%.

En Galicia, o prezo medio do metro cadrado en marzo foi de 1.882 euros. Na imaxe, pisos ourensáns á beira do Miño
  • 23 de abril de 2013

As empresas TIC prevén que as súas exportacións medren un 30% coa Axenda Dixital

O presidente da patronal do sector augura que o compromiso da Administración por igualar as condicións nas que compiten no mercado europeo disparará a internacionalización das pemes.Pese a que o sector TIC foi dos menos afectados pola crise económica, precisa estímulos para xerar vantaxes que permitan competir.

Jorge Cebreiros e Víctor Calvo-Sotelo (segundo e terceiro pola esquerda, respectivamente), xunto a outros asistentes ao coloquio
  • 23 de abril de 2013

A microempresa española é cada vez máis tecnolóxica

O 71% dispón de ordenador, o 72% conta con teléfono móbil, o 65% ten acceso a Internet, pero só o 25% xestiona unha web corporativa. A peme inviste en tecnoloxía a pesar da situación económica.

As microempresas aínda permanecen alonxadas dos niveis de penetración tecnolóxica de pemes e grandes empresas, onde as porcentaxes superan o 90%
  • 23 de abril de 2013

Os efectos dunha Semana Santa madrugadora

Os viaxeiros aloxados durante o pasado marzo nos hoteis galegos medraron un 16% con respecto ao mesmo mes de 2012. E baixaron os prezos un 2,6% fronte á baixada de 0,1 puntos rexistrada a nivel nacional.

Imaxe do Hotel Los Abetos, un catro estrelas compostelán
  • 22 de abril de 2013

Que é o “employer branding”?

Xerar unha imaxe de organización atractiva para captar aos mellores profesionais. Para iso é fundamental coñecer os factores que máis valora a xente dunha empresa: para os españois son a seguridade laboral (30%) e que a compañía estea saneada a nivel financeiro (19%).

A xente de maior nivel educativo séntense atraída polas empresas nas que poden atopar postos de traballo interesantes e perspectivas de carreira
  • 22 de abril de 2013

De Sousa “mentiu deliberadamente” sobre a situación financeira da empresa cometendo unha “golfada”

O avogado Joaquín Yvancos - que presentou unha querela criminal contra o consello de Pescanova, a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) e a auditoria BDO en nome dos accionistas minoritarios da compañía- considera que hai motivos para que o presidente da multinacional pesqueira “acabe cos seus ósos no cárcere”.

O letrado subliña que Fernández de Sousa ocultou a venda de accións para manterse no cargo de presidente, cando por porcentaxe accionarial xa non tería ese dereito
  • 22 de abril de 2013

A rentabilidade máis baixa do aluguer en España está na Coruña, cun 3%

Séguenlle entre as baixas Ourense e San Sebastián (3,1% en ambos casos), Santander (3,2%) e Lugo (3,3%). Mercar unha vivenda para alugala en Madrid ou Barcelona brinda unha rentabilidade dun 4% de media.

Pisos na coruñesa Ronda de Nelle
  • 22 de abril de 2013

250 millóns de euros en IVE de facturas non cobradas

É a cantidade que a Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos calcula que o colectivo adianta a Facenda este primeiro trimestre. Malia que o Goberno anunciou que a partir do 2014 cambiara o sistema de tributación, ATA pide que dada a situación, cunha falta de liquidez extrema e onde as propias administracións son debedoras, se poña en marcha canto antes.

ATA critica que os autónomos financian ao Estado coma se fosen un banco, adiantando impostos sobre cantidades que moitas das veces non ingresaron
  • 22 de abril de 2013

A metade dos desempregados non sabe xestionar os seus recursos económicos tras un despido

Para realizar unha correcta planificación financeiracómpre comezar por cuestións básicas como o impacto que conlevará estar en situación temporal de desemprego para a economía familiar, e saber optimizar os recursos de que se dispón.

Un dos problemas máis frecuentes cando unha persoa se desvincula do seu posto de traballo é manter o seu nivel de vida e afrontar os gastos cunha cantidade menor de ingresos
  • 19 de abril de 2013

A Cámara de Pontevedra crea a “Agrupación de Empresarios Afectados por Pescanova”

O presidente da entidade, Eduardo Barros, consciente do calado que pode acadar a crise da multinacional asentada en Chapela, dentro da demarcación cameral, move ficha. A agrupación está dotada con economistas e avogados e prestará apoio a quen acoda á entidade, ou se poñan en contacto no enderezo afectadospescanova@camarapontevedra.com.

Barros sabe que de Pescanova dependen, en maior ou menor medida, centos de pemes da pesca, conserva, transporte, imprentas, embalaxes, informática, loxística e asesorías
  • 19 de abril de 2013

A firma viguesa de moda Bimba&Lola medra imparable

A empresa das deseñadoras Uxía e María Domínguez, sobriñas de Adolfo Domínguez, inaugura o mércores 24 nova tenda en Madrid no centro comercial Castellana 200. Mañá abre en París e vén de estrear a terceira en Londres. Entre os seus pretendentes podería estar un dos investidores máis renomeados da industria da moda: L Capital, brazo do xigante do luxo LVMH.

A empresa creouse en 2004 e xa está presente en 17 países. Conta para este ano con aperturas previstas en Europa, Latinoamérica, Asia e Oriente Medio
  • 19 de abril de 2013

Tres da cada 10 empresas implantaron servizos de "cloud computing" en 2012

Un estudo realizado pola consultora tecnolóxica IDC e dado a coñecer onte na CEO revela que o incremento de sociedades que optaron pola computación na nube foi do 93% respecto ao ano anterior.

Fernando González (de pé), durante a súa charla na sede da CEO
  • 19 de abril de 2013

O paro rozará o 27% en 2013

As previsións do Instituto da Economía Mundial para este ano sitúan a España como o segundo país da UE con maior taxa de desemprego, só superado por Grecia cun 29,3%.

Durante este ano, o paro medrará en 20 dos 27 países da Unión Europea

REVISTA ECO Benito Blanco Rajoy, 7 1º A Coruña Tfl. 981 14 50 24 Fax 981 20 62 54