Publicidade

Ourense Termal


Alarma polas pensións

Víase vir. Nun país fortemente afectado polo envellecemento e a baixa natalidade, o relevo xeracional tiña que morrer. E con el estoupou un sistema público de pensións ao que cómpre atopar solucións antes de que as xeracións do baby boom dos 60 e dos 70 chegue á xubilación. A sociedade estalle a dicir ao Goberno que a solución que adoptou, cunhas revalorizacións de “vergoña” e o endebedamento da Seguridade Social non é a axeitada nun país que leva varios exercicios crecendo por riba do 3% e cuxo IPC supera xa o 1%. Recollemos os datos que prognostican o futuro das pensións e algunhas das propostas que nos dan partidos e sindicatos para encarrilalo.

A fondo

“Salir de la zona de confort da vértigo pero es necesario hacerlo: anclarse al pasado impide crear futuro”

Tras más de 20 años dedicada al sector sanitario, el pasado mes de agosto decidió emprender una nueva etapa en un proyecto que la ilusionaba tanto como la asustaba: dirigir dos de las empresas más representativas de Galicia en el sector TIC, Coremain y Sivsa. Medio año después de ponerse al frente de un equipo que supera las 700 personas, Sonia Lois habla con la satisfacción de saber que aquella difícil decisión fue la correcta, y con la ilusión de afrontar un reto apasionante: expandir sus empresas a nuevos sectores y territorios.

Entrevista

“Non permitiría voos de drons nas cidades ata que estea todo moi controlado"

Jaime Pereira é CEO de Aerocámaras Professional Drone Services. En breve contratarán uns 20 pilotos destes vehículos aéreos aos que estamos case afeitos para un traballo en Arabia Saudita e Kuwait. Con oficinas en Galicia, Madrid e Cádiz –“temos en Lalín e no Parque Tecnolóxico aínda que nos imos establecer definitivamente en Ourense–, a empresa que fundou este piloto galego soubo endereitar a dirección inicial. Non pensaba dedicarse a isto, pero non puido acertar máis.

Entrevista

A cultura da auga

Dende 2002 en Galicia só abriu unha nova instalación de acuicultura. As axudas que hai todos os anos van a mellorar as que xa temos, as cifras de produción apenas varían. A polémica adoita acompañar calquera tentativa de nova apertura pero, con máis do 30% das poboacións de peixe sobreexplotadas no mar, o futuro pasa por elas.

Reportaxe

Olimpio Pérez e os inicios da Compostela moderna

A Banca Olimpio Pérez é parte da historia económica e empresarial de Galicia, pero tamén da memoria sentimental de Santiago de Compostela. Así queda reflectido nun libro que acaba de ver a luz no que o autor, Xoán López Facal, fai unha aproximación á historia recente da capital galega “a través dunha importante familia de banqueiros e dunhas figuras que o tempo foi ennobrecendo”.

Reportaxe

Días de pedra

Mentres florecían culturas como a sumeria ou a exipcia, na fachada atlántica europea os ritmos da civilización eran outros. Pero os poboadores destas terras tamén deixaron pegada nos dolmens, mámoas e símbolos tallados en dura roca granítica. Os incendios forestais dánanos e ao tempo redescóbrenos: case cada ano hai novos achados de petróglifos.

Reportaxe