Publicidade

Ourense Termal



As profesións STEM achéganse ás rapazas galegas

As profesións STEM achéganse ás rapazas galegas

21 set 2018 0

Agasol e Amtega levan a mulleres líderes en ciencia e tecnoloxía a institutos galegos este mes e en outubro para inspirar ás alumnas nestas titulacións, a través do programa “Girl STEM: derrubando estereotipos”.



A industria 4.0 comeza coa prevención

A industria 4.0 comeza coa prevención

21 set 2018 0

Vigo acolle o 18 e o 19 de outubro o II Congreso Internacional de Prevención de Riscos Laborais e Seguridade Industrial 4.0, un encontro organizado polo Issga, Ageinco, Aprosal e o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais.



O Foro Enerxético de Galicia defende a enerxía procedente do mar

O Foro Enerxético de Galicia defende a enerxía procedente do mar

21 set 2018 0

Tecnoloxías como a eólica offshore xa son competitivas pero outras están en fase de mellora o que implica oportunidades empresariais. Na offshore a fabricación de compoñentes realizada en Galicia vai a parques eólicos no norte de Europa (Proxecto Wikinger de jackets en Navantia–Ferrol), aproveitando a experiencia dos nosos enxeñeiros.



As empresas con máis mulleres nas xuntas directivas superan os resultados doutras nun 53%

As empresas con máis mulleres nas xuntas directivas superan os resultados doutras nun 53%

21 set 2018 0

Así o dixo onte a project manager de Google Isabel Gracia durante o workshop I’m Remarkable na primeira xornada do Pont-Up Store, no que tamén revelou que, segundo un estudio recente de Estados Unidos, “os homes autovalóranse más en termos salariais: de media piden un salario un 20% máis alto que as súas compañeiras mulleres”. 

 



A pé de campo

A pé de campo

21 set 2018 0

Dúas xornadas na leira experimental de Mouriscade (Lalín) onte e antonte serviron para comparar a adaptación das diferentes variedades de millo, afondar na produtividade e ver a calidade dos silos dos ensaios. Tamén fíxose unha demostración con drons e realizouse unha visita aos campos de ensaio de fertilización, fitosanitarios e sementes.



O cidadán, no centro da revolución dixital

O cidadán, no centro da revolución dixital

21 set 2018 0

Mobile Week desembarcará na Coruña do 21 ao 28 de novembro para fomentar o debate sobre a transformación dixital, cunha programación para todos os públicos con charlas, mesas redondas, exposicións e talleres para nenos e adultos.



Denuncian o desabastecemento de varios comedores escolares en Lugo xestionados pola empresa Gescor

Denuncian o desabastecemento de varios comedores escolares en Lugo xestionados pola empresa Gescor

20 set 2018 0

O Sindicato Labrego Galego incide en que o problema está en centros de ámbito rural. En concreto, no IES Basanta Silva, de Vilalba, afirman que “antonte o servizo de cociña tivo que improvisar o xantar -as traballadoras foron mercar alimentos para cociñar- e, onte mesmo, o alumnado tivo que conformarse cun bocadillo”.



Abre o prazo para anotarse nas Lanzadeiras de Emprego 2018

Abre o prazo para anotarse nas Lanzadeiras de Emprego 2018

20 set 2018 0

Cada lanzadeira adestra un equipo de 20 persoas desempregadas para realizar unha nova procura de traballo acorde ao mercado. Para iso contan coa axuda dun técnico durante os 5 meses que dura o programa ademais da axuda mutua entre todos os que andan na mesma procura.



Afiánzase a rede de Hubs BioTech da Eurorrexión

Afiánzase a rede de Hubs BioTech da Eurorrexión

20 set 2018 0

Estará formada catro espazos, dous en Portugal -no INL e na Universidade do Minho-, e os outros dous en Galicia, nas instalacións da USC e no CZFV. Este último, no edificio Tecnolóxico de Porto do Molle, contará con dúas salas e un laboratorio para empresas e emprendedores do sector bio.



Os instaladores eléctricos de Lugo recíclanse

Os instaladores eléctricos de Lugo recíclanse

20 set 2018 0

Apiel, a asociación que os agrupa, e Fenie Energía, celebraron unha xornada para manter a estes profesionais puntualmente informados das novidades do sector, prestando especial atención á mobilidade eléctrica e ao autoconsumo fotovoltaico.



O noroeste unido

O noroeste unido

19 set 2018 0

A Plataforma Atlántico Noroeste reuniu onte en Xixón organizacións empresariais, cámaras de comercio e Conselleiros de Infraestruturas dos Goberno de Asturias, Galicia e Castela e León. O obxectivo? Impulsar, no prazo máis breve a conexión ferroviaria do Corredor Atlántico.



Máis do 80% dos propietarios galegos alugan a súa vivenda pedindo só o mes de fianza

Máis do 80% dos propietarios galegos alugan a súa vivenda pedindo só o mes de fianza

19 set 2018 0

Mentres a media en España están tres de cada catro propietarios que só fan esta esixencia, Lugo (91%) e Ourense (92,5%) están entre as 15 capitais onde a porcentexe de empresarios menos “desconfiados” supera o 90%.



“Aquí o viño bébese e vívese”

“Aquí o viño bébese e vívese”

19 set 2018 0

É o eslogan dunha nova campaña de enoturismo presentado onte á mañá no Hostal dos Reis Católico. "Alma, Corazón e Viño" é o paraugas baixo a que se agrupa a oferta enoturística das cinco rutas do viño de Galicia. Unha estratexia común para xerar sinerxias.



Máis de 130 proxectos están listos para dar o salto con Top Hop

Máis de 130 proxectos están listos para dar o salto con Top Hop

19 set 2018 0

No programa, incluído no Plan de Transformación Dixital de Estrella Galicia, participaron 420 emprendedores con propostas de innovación nas áreas de comercialización, marketing, xestión, loxística, aprovisionamento e fabricación, entre outras.



O capital risco, un seguro para a empresa

O capital risco, un seguro para a empresa

18 set 2018 0

O tamén chamado venture capital contribúe de maneira moi significativa ao seu éxito durante os primeiros anos de existencia, segundo un estudio presentado onte pola Fundación ICO. O ritmo de crecemento dispárase de maneira moi notable tanto en facturación como en resultados, persoal e activos.



Medio Ambiente inicia unha campaña infantil para fomentar a reciclaxe de aparellos electrónicos e eléctricos

Medio Ambiente inicia unha campaña infantil para fomentar a reciclaxe de aparellos electrónicos e eléctricos

18 set 2018 0

Os Bolechas serán os encargados da nova campaña da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para sensibilizar a comunidade infantil na necesidade de reciclar os aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), que visitará 350 centros de educación infantil e primaria. 



Capacidade de traballar en equipo, resolver conflitos e tomar decisións

Capacidade de traballar en equipo, resolver conflitos e tomar decisións

18 set 2018 0

Estas, ao parecer, serían as habilidades máis valoradas polas empresas segundo o informe de InfoJobs e Esade feito hoxe público. Tense cada vez máis en conta personalidade e actitude, non só a formación.



Galicia amosa en Europa a súa cultura mariñeira

Galicia amosa en Europa a súa cultura mariñeira

18 set 2018 0

Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia (GALP) presentan hoxe en Francia a Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA), a primeira rede europea especializada en contidos de cultura e patrimonio mariñeiro do Atlántico europeo.



100 millóns de euros en axudas para internacionalización, vendas e novas tecnoloxías

100 millóns de euros en axudas para internacionalización, vendas e novas tecnoloxías

18 set 2018 0

A Cámara de Comercio de Santiago e SabadellGallego asinaron onte un convenio de colaboración para que empresas, autónomos e comercios asociados á entidade cameral poidan beneficiarse destes créditos.

A galega Cloud Print busca o liderado en papelaría adicada a eventos

A galega Cloud Print busca o liderado en papelaría adicada a eventos

17 set 2018 0

Vén de adquirir a firma tamén coruñesa Sabela’s co que busca potenciar a súa actividade orientada ao deseño e a fabricación e comercialización de artigos de imprenta, e situarse no top 10 nacional do sector.



Valorar o mellor que temos

Valorar o mellor que temos

17 set 2018 0

Hispania Nostra e Apatrigal organizan os días 21, 22 e 23 de setembro a 37ª Reunión de Asociacións e Xestores Culturais en Santiago. Unha oportunidade para visibilizar o rico patrimonio galego e reflexionar sobre o legado abandonado e os bens incluídos na Lista Vermella do Patrimonio español. 30 en Galicia.



O gasto español en protección social chega ao 40% sobre o total en 2016

O gasto español en protección social chega ao 40% sobre o total en 2016

17 set 2018 0

Este tipo de investimento e o compoñente máis importante do gasto público total na UE-28. Este capítulo inclúe, entre outros, os gastos por enfermidade e incapacidade, as pensións, as prestacións por desemprego ou para familias.



Un megaproxecto europeo na procura de barcos máis eficientes e con novos materiais

Un megaproxecto europeo na procura de barcos máis eficientes e con novos materiais

14 set 2018 0

O Ramsses implementará 13 demostradores a escala real para validar a nivel económico e técnico as medidas. En Galicia Aimen traballará con Estaleiros Cardama e Galventus Servizos Eólicos con materiais compostos para reparación e reforzo de estruturas.



Pont-Up Store, toma cinco

Pont-Up Store, toma cinco

14 set 2018 0

Onte presentouse o programa oficial da 5ª edición desta cita, referente para mostrar o noso emprendemento. O punto central volve estar na carpa da Praza de España de Pontevedra o venres 21 e sábado 22 de setembro. Esta edición confirma un mapa cada vez máis equilibrado entre cidades e o rural, que achega o 40% das propostas.



A contorna dixital tamén abre novas oportunidades ao ‘marketing’

A contorna dixital tamén abre novas oportunidades ao ‘marketing’

14 set 2018 0

Responsables de marketing de importantes compañías achegaron a máis dun cento de profesionais vigueses as novidades que ofrecen as canles online nesta disciplina, nun acto celebrado onte no Círculo de Empresarios de Galicia.



A UTE Aristeia e Lustrum prestará asistencia xurídica ao Concello de Lugo

A UTE Aristeia e Lustrum prestará asistencia xurídica ao Concello de Lugo

14 set 2018 0

Os letrados José Antonio Montero e Carmen López son os especialistas que asumirán directamente esta tarefa, así como a representación e defensa en xuízos do consistorio lucense.



Nove grupos adegueiros e un proxecto pioneiro de enoturismo

Nove grupos adegueiros e un proxecto pioneiro de enoturismo

13 set 2018 0

Para situar España como referente internacional chega Spain Trough its Wineries, alianza do Foro de Marcas Renombradas e 9 adegueiros nacionais, entre eles Terras Gauda. O proxecto deuse a coñecer nunha travesía en barco ás Cíes e cunha comida no viñedo da adega do Rosal.



Emilio Pérez Nieto, Medalla de Oro do Círculo de Empresarios de Galicia

Emilio Pérez Nieto, Medalla de Oro do Círculo de Empresarios de Galicia

13 set 2018 0

O ourensán, presidente de honra de Pérez Rumbao, recibirana en novembro nunha data por confirmar. A concesión leva parello o nomeamento como Socio Distinguido, E foi acordada por unanimidade pola xunta directiva dos empresarios.



A Cámara de Santiago entrégase á busca de novas empresas

A Cámara de Santiago entrégase á busca de novas empresas

13 set 2018 0

Traballa no deseño dunha nova estratexia co obxectivo de dar valor ás compañías, axudalas a mellorar a xestión e contar coa súa participación activa, potenciando ademais as áreas de internacionalización e emprendemento.



Círculo pídelle ao Goberno certezas e que priorice o importante

Círculo pídelle ao Goberno certezas e que priorice o importante

12 set 2018 0

O Círculo de Empresarios de Galicia quere medidas que estendan a recuperación económica e anima a centrarse en “cuestións realmente urxentes e que preocupan”. Demanda dos partidos acordos de Estado “por riba de estratexias cortoplacistas e intereses electorais” para que poñan por diante “ás próximas xeracións”.