Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Casa da Lusofonía no 2019?

PUBLICADO O 30 DE ABRIL DE 2019 · (0)



DANIEL GONZáLEZ PALAU · DIRECTOR DO IGADI


Coma galegas e galegos no mundo temos vantaxes comparativas e intereses estratéxicos á hora de relacionarnos co exterior que debemos aproveitar. Esa é a misión fundamental do IGADI nos seus vinte oito anos de historia; poñer o perfil global da nosa comunidade ao servizo do seu benestar e desenvolvemento colectivo: a diáspora e a galeguidade, a posición xeopolítica no Atlántico, a lingua, a relación co mundo celta...

A Estratexia Galega de Acción Exterior (desde agora, EGAEX) impulsada desde a Xunta é un documento extraordinario para recoñecer esa potencialidade (integral) da relación de Galicia co resto do mundo, coa identificación de actores chave, ámbitos de actuación prioritarios, áreas xeográficas de interese... Un dos eixos onde a EGAEX incide de maneira reiterada é nas inmensas posibilidades da Lei Paz Andrade (2014) achegándolle un grande potencial estratéxico e recoñecendo todo o seu valor para a promoción das nosas relacións internacionais, xa ben con Portugal e a construción da Eurorrexión, mais tamén no Brasil, Mozambique, Angola, Cabo Verde, Bissau, Timor, Sao Tomé e Príncipe, e demais territorios de lingua portuguesa, coma Macau na China ou Goa na India...

A Lei Paz Andrade que este ano 2019 celebra o seu quinto aniversario pásalle como a EGAEX, é un estupendo marco para pensar e facer (máis alá doutras limitacións que non ocupan esta columna), mais a falta de Plans de Acción que poñan a funcionar o papel, desaproveitan a súa potencialidade e imposibilitan pasos reais, deixando pasar oportunidades reais. Así as cousas en agosto de 2018 Xulio Ríos escribiu o artigo –Casa da Lusofonía no xornal dixital Praza.gal, onde chamaba a atención sobre a ausencia de España como país asociado dentro da Comunidade de Países de Lingua Oficial Portuguesa (CPLP), ao tempo que chamaba a mobilizarse por unha –Casa da Lusofonía en Galicia, dentro da estratexia de diplomacia pública da Rede de Casas do Ministerio de Exteriores español. Citamos ao XR (...) Casa de América (Madrid), Casa Asia (Barcelona e Madrid), Casa África (Las Palmas), Casa Árabe (Madrid e Córdoba), Casa Mediterráneo (Alicante), Centro Sefarad-Israel (Madrid)…. Non falta algo? O Ministerio de Asuntos Exteriores y Cooperación leva anos promovendo esta figura das casas para estimular as relacións de España con determinados ámbitos (...) Nada dese esquema pendura en Galicia (...) Se un entra na web oficial da CPLP pode comprobar con relativa sorpresa que entre os observadores asociados non figura España. Está, que sei eu, Xapón, Xeorxia, Hungría, Arxentina, Italia, Francia… Iso a pesar dos vínculos existentes entre a lingua portuguesa e Galicia, un territorio que hoxe é parte de España, unha das súas nacionalidades históricas (...)

Meses despois da publicación do artigo e tras a difusión nas redes sociais, o Concello de Compostela realizaba unha Declaración Institucional unánime o 18 de outubro de 2018 solicitando ao Ministerio de Exteriores a implicación para o impulso dunha Casa da Lusofonía en Compostela. Que nós teñamos constancia, tanto o PSOE coma En Marea, realizaron en Madrid e en Galicia distintas xestións para promocionar a idea, mais sen ningún resultado aparente no inmediato. Será un tema no que a Xunta ten unha estupenda oportunidade para facer unha reflexión pedagóxica poñendo o perfil internacional de Galicia en valor, con máis urxencia agora que o Xacobeo 2021 é un acontecemento de proxección global.



Comentar








Enviar

Comentarios (0)