Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Empoderar a muller rural coa tecnoloxía



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE MARZO DE 2018 · (0)



Ese é e obxectivo de Digitalizadas, un proxecto que formará en competencias dixitais a 5.000 mulleres da contorna rural de todo o estado grazas á colaboración de Google.org e as fundacións Mujeres e Cibervoluntarios, en colaboración co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Hoxe presentouse en Compostela co apoio da raíña Letizia.


Digitalizadas é un programa para facilitar e potenciar a participación, a empleabilidade e o emprendemento das mulleres a través da adquisición de competencias dixitais e o uso de ferramentas tecnolóxicas. O obxectivo é que con esas competencias tecnolóxicas as mulleres, especialmente da contorna rural, poidan aumentar a súa influencia persoal e profesional na internet para reducir brechas de xénero, así como promover a inserción social e laboral das mulleres.

Así mesmo, apostan por xerar unha rede de “dixitalizadoras”, unha comunidade de mulleres con maior interese no uso da tecnoloxía para fomentar o emprendemento e o autoemprego, achegando experiencias e referentes empresariais locais femininos. De feito na presentación de hoxe en Santiago de Compostela tres mulleres con diferentes perfís que acaban de incorporarse ao mundo dixital relataron o que lles aportou esta nova ferramenta e animaron ao resto de mulleres a achegarse “sen medo” ás novas tecnoloxías.

A partir de hoxe poderán facelo de forma totalmente gratuíta apuntándose na web www.digitalizadas.org. Tan só é necesario reunir oito mulleres e a organización comprométese a “realizar un curso presencial e práctico” no lugar onde viven, de forma que poidan iniciarse neste mundo dixital e reducir a “enorme brecha que o coñecemento desta competencia está xerando na sociedade actual” e que afecta especialmente ás mulleres do rural, tal como asegurou a raíña Dona Letizia na clausura da presentación do proxecto, na que participaron tamén varios responsables das organizacións impulsoras, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Dolors Montserrat.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)