Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Toma posesión a nova directiva da Cámara de Comercio de Santiago



REDACCIÓN · PUBLICADO O 16 DE ABRIL DE 2018 · (0)



A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela acolleu hoxe a constitución do seu novo pleno que preside José Sierra, presidente de Urovesa. Estarán con el no Comité Executivo José Luis  Antuña de Feiraco, José Carballo de Finsa, Juan Carlos Carneiro de Abanca, Pancho Negreira de Galuresa, Jorge Lorenzo de Televés e María Pais de Logrosa Solucións.


A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela celebrou esta mañá o acto de constitución do seu novo pleno. No acto participou o secretario xeral da entidade, Fernando Barros e tamén o presidente saínte, Jesús Asorey Carril, quen deixou o cargo despois de 20 anos á fronte do organismo.

O novo pleno cameral está composto por 24 membros, xa proclamados pola xunta electoral ao presentarse unha candidatura, polo que non foi necesario celebrar eleccións. No seo do pleno elixíronse os sete integrantes do comité executivo: presidente, dous vicepresidentes, un tesoureiro e tres vogais. Así, o novo pleno está formado por José Fernández Alborés de Artesanos del Aluminio de Santiago S.L. (Arteal), Jorge Lorenzo Souto de Televés S.A.; José Luis Escurís Villa de Actemsa S.A.; Rosa Blanca Rodríguez Gutiérrez de Espina y Delfín S.L., Manuel Rial Amado de Sistemas de Seguridad A1, S.L., Enrique Ramos Naveira de Informática El Corte Inglés S.A., José Bermúdez Outón de Congelados José Bermúdez S.L., Francisco Negreira del Río de Gasolinas Lubricantes, Repuestos S.A. (Galuresa), Luis Antonio Penido López de Tratamiento Medioambiental de Vehículos S.L. (Trameve), Mª Flora Mariño Riveiro de Casty Romer S.L., Francisco Xavier Freire Chico de Freire Chico S.L., Manuel García Pombo de Delta Telecom Global S.L., María Pais Fajín de Logrosa Soluciones S.L., Gustavo Vázquez González de BCL Economistas SLP, Javier Gómez Ulla Linares de Instituto Oftalmológico Francisco Gómez Ulla, Antonio Couto Rego de Ediciones Bolanda S.L., Juan Carlos Carneiro Caneda de  ABANCA Corporación Bancaria S.A., Ramón Salgado Fuentes de Salgado Facility Services S.L., José Carballo García de Financiera Maderera S.A., José Antonio Chaves Barreiro de Baicha S.L.U., José Luis Antuña Álvarez de Feiraco Sociedad Cooperativa Galega, Marcos Parajó Abucide de Carrocerías Tambre S.A., Jacobo Bermejo Barrera de Tórculo Comunicación Gráfica S.A. e José Sierra Fernández de URO Vehículos Especiales S.A.

Directiva

Precisamente o presidente de Urovesa, José Sierra, estará a partir de hoxe á fronte da Cámara que representa a preto de 36.000 autónomos e empresas situadas na capital galega e en 31 municipios da súa contorna, que pediron que a Cámara de Comercio defenda os seus intereses, que son “os de miles de traballadores e familias aos que dan emprego”.

Un labor que deberá desenvolver a partir de agora José Sierra xunto ao seu equipo, formado por José Luis  Antuña, director xeral de Feiraco como vicepresidente primeiro; José Carballo, director xeral de Finsa como vicepresidente segundo; Juan Carlos Carneiro, director territorial de  Abanca como tesoureiro e como vogais Pancho Negreira, director xeral de Galuresa; Jorge  Lorenzo, secretario xeral corporativo de Televés e María Pais, controller de Logrosa Solucións SL.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)