Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Como aprenden os españois un segundo idioma?



REDACCIÓN · PUBLICADO O 17 DE ABRIL DE 2018 · (0)



Pois sobre todo seguimos indo a unha academia ou escola, pero tamén vendo películas e programas e facendo uso da tecnoloxía noutra língua. Un 58% dos españois afirma que falar dous idiomas é necesario -ou sería moi valorado- para ascender no seu traballo, sobre todo en postos altos.


Segundo a consultora de formación de idiomas Hexagone, o feito de coñecer dúas línguas abre a porta á contratación en 9 de cada 10 casos e os traballadores recoñecen que achega valor no 40% dos ascensos. Despois dun repaso ás ofertas publicadas no primeiro trimestre do ano en diferentes portais para o 95% dos postos de responsabilidade solicitan un segundo idioma. No 60% dos casos ata un terceiro.

Gaëlle Schaefer incide na idea, “as compañías internacionais requiren duns traballadores máis capacitados e o dominio de máis dun idioma definitivamente abre máis portas”. Segundo os datos da consultora, a un 48% dos españois afirma non saber un segundo idioma mentres que un 39% asegura ter coñecementos. Pero ata un 24% dos españois traballadores afirman manexar mesmo máis de dous idiomas.

Respecto ao idioma en cuestión, o 52% refírese ao inglés, o 32% ao francés e o 9% ao alemán. O resto divídese entre idiomas asiáticos, portugués e outros.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)