Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os consumidores, os próximos damnificados da guerra comercial?



REDACCIÓN · PUBLICADO O 17 DE ABRIL DE 2018 · (0)



Nunca foron boas: os países disparan con aranceis e bombardean as importacións.  A historia está repleta destas políticas desde que existe o comercio internacional pero voltan á actualidade polas últimas medidas da Administración Trump. Se Estados Unidos pon barreiras a produtos de China e Europa subirán moitos prezos, polo que a UE avisa: reaccionará.


“Unha guerra comercial comeza cando un estado decide desde subir os aranceis ata a prohibición de toda a importación dun produto a un país ou conxunto de nacións. Como consecuencia, os países afectados adoptan regulacións similares como represalia que, xeralmente, provocan que novas medidas entren en escena”, explica Gastón Apraiz, director de Inverpriban.

O presidente de Estados Unidos anunciou a súa intención de impoñer o aumento dos aranceis ás importacións de aceiro nun 25% e ás de aluminio un 10%, ademais dunha lista de 1.300 produtos chineses sobre os que cargará aranceis do 25%. Mentres Canadá e México están exentos, Europa e China vense directamente afectadas e tamén as relacións dos mercados globais, onde os analistas aseguran que aínda non son capaces de definir o alcance que pode ter esta guerra comercial. “Este desencontro provocará maior volatilidade nas Bolsas. Con todo, no caso de que os investidores perciban un achegamento nas posturas poderiamos ser testemuñas dun rebote xeralizado nos mercados mundiais, cumprindo as optimistas previsións dos analistas”, sinala o director de Inverpriban.

As autoridades do Vello Continente non quedaron de brazos cruzados e a Comisión Europea estuda limitar a entrada do aceiro e aluminio ‘made in USA’ a Europa, ademais de medidas legais. Segundo fontes comunitarias, serán aranceis ata do 25% a 3.500 millóns de dólares en exportacións estadounidenses, que poderían afectar directamente á importación das Harley- Davidson, o Bourbon, a manteiga de cacahuete e os coñecidos Levi's.

Como podería afectar ao consumidor español?

“En canto ás empresas españolas pode haber unha repercusión para aquelas que operan con aceiro dentro da Unión Europea, como construtoras, inmobiliarias e sector automobilístico, o que xerará un repunte nos custos e un aumento de prezos que afectará aos índices de inflación,” apunta Gastón Apraiz. Esta situación terá como resultado directo o aumento dos prezos.  “O contexto será determinado por un efecto dominó, provocado polas políticas proteccionistas e un panorama inestable e volátil que producirá un aumento do temor nos investidores”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)