Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A taxa de aluguer en España é dun 22% e a media europea do 33%



REDACCIÓN · PUBLICADO O 17 DE ABRIL DE 2018 · (0)



Os españois comezaron a comprar unha vivenda case en masa sobre todo a partir dos anos 60 do pasado século. E dende entón prevalece a máxima de que é mellor pagar unha hipoteca porque a renda do aluguer considérase diñeiro tirado. Agora, as cousas teñen mudado algo.


O 78% dos españois son propietarios da súa casa mentres en Alemaña o 48% aluga, no Reino Unido o 37% e en Francia o 36%. Alugan máis ca nós malia que é certo que segue gañando a propiedade. Sen embargo o aluguer en España está á alza dende 2007 tras o coñecido estalido da burbulla inmobiliaria. Son varios os factores que o explican.

Máis dunha década despois, o aluguer segue crecendo, Jordi Gruart Rüsch, director xeral da axencia inmobiliaria Monika Rüsch e economista con máis de 20 anos de experiencia no mercado, cre que as consecuencias daquela recesión -desemprego, falta de pagamento das hipotecas e a flexibilización do mercado laboral-, provocaron un cambio nos nosos costumes que, pasado o peor da crise, chegou para quedar. “A coñecida como xeración Peter Pan vive co pais máis tempo que as xeracións anteriores. É innegable que una das causas é a precariedade e inestabilidade laboral, pero tamén o é que os mozos que se emancipan en parella, antes de comprar unha vivenda, prefiren vivir de aluguer de forma temporal”.

Segundo Gruart Rüsch débese a que alugar é sinónimo de liberdade, algo moi valorado. A mentalidade desta xeración respecto de asuntos vitais como o traballo ou a vivenda, é totalmente oposta á dos seus pais ou avós. Buscábase un traballo para toda a vida, e o mesmo pasaba coa casa onde formaban unha familia. Agora prevalece a satisfacción persoal, tamén no profesional, e non teñen inconveniente en cambiar de traballo, mesmo de país, se non senten realizados. Son persoas que se adaptan fácil e rapidamente aos cambios. Así, non é de estrañar que o compromiso adquirido co aluguer sexa escaso. “Se as cousas van mal no traballo ou na relación en parella, cun mes de preaviso queda libre de cargas, sen unha hipoteca a 30 anos”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)