Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

“En 2023 todo o mundo terá móbiles de grafeno”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 24 DE ABRIL DE 2018 · (0)



O consultor Juan Merodio engade que este material permitirá “teléfonos con pantallas irrompibles e planas, cámaras e vídeos de alta definición con 40 megapíxeles e discos duros cun almacenamento 1000 veces maior que o actual”. Os produtores deste material en xaneiro de 2017 estaban encabezados por Europa Occidental, que acumula 39, máis que os 33 de China e os 30 de Estados Unidos.


Tal e como lembra este conferenciante e consultor en Márketing Dixital e Transformación Dixital, estamos ante un material 200 veces máis forte que o aceiro e 5 veces máis lixeiro que o aluminio, “ así que poderemos levar connosco modelos planos e que se dobren. De aquí a cinco anos será unha realidade”.

Investigadores do Instituto Catalán de Nanociencia e Nanotecnoloxía (ICN2) descubriron tamén unha maneira para que teña unha banda idéntica á do silicio, polo que poderíase usar para crear chips. Outro grupo de investigadores estudaron o uso para crear unha barreira de grafeno que mata as bacterias externas. O resultado é moi positivo porque permite ao paciente recuperarse antes grazas a que reduce o risco de infección no caso de implantes. Este material xurdido de dous investigadores da Universidade de Manchester, “vai revolucionar moitos sectores", engade Merodio. "Logra unha conectividade incrible, poderanse monitorar de forma inalámbrica todo tipo de procesos sen batería".

Europa está a competir coas dúas potencias que parecía que ían facerse con este monopolio, Estados Unidos e China (destaca España) para o desenvolvemento desta substancia composta por carbono puro e con átomos dispostos nun patrón regular hexagonal, moi similar ao grafito e que coma tantos novos materias, irá mudando miudezas das nosas vidas sen case decatármonos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)