Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Santiago acolle a terceira Gala Solidaria de Maxia a favor de Tierra de Hombres



REDACCIÓN · PUBLICADO O 15 DE MAIO DE 2018 · (0)



A gala terá lugar este venres 18 de maio ás 19.00 horas no Teatro Principal de Santiago. Os magos Kiko Pastur, Román e Richard porán toda a súa maxia a beneficio do proxecto Viaxe cara á vida da Fundación Tierra de Hombres. 


Ao comezo do acto emitirase un vídeo do proxecto “Viaxe cara á vida” e voluntarios da ONG estarán informando sobre as actividades e proxectos que levan a cabo en Santiago de Compostela.

A gala será presentada por Román García e participarán tres dos magos máis recoñecidos do panorama galego: o propio Román, Kiko Pastur e Mago Richard. Un día solidario para gozar en familia dun grande espectáculo de maxia e, ademais, os máis pequenos terán unha sorpresa, segundo informan desde a ONG.

As entradas poden adquirirse por internet na web de Abanca, no despacho de billetes do Teatro Principal e o dia do acto no propio teatro.

Fundación Tierra de Hombres 

Desde o ano 2003 en que comezou o proxecto “Viaxe cara á vida”, 89 nenos e nenas foron intervidos, no Hospital Materno Infantil da Coruña, e 3 nenas e un neno nos centros composteláns de HM Hospitales (HM Rosaleda e HM La Esperanza), que se sumaron en 2015 ao programa, no que tamén está o Hospital Clínico de Santiago. Isto é posible grazas ao apoio de institucións públicas e privadas, voluntarios e familias de acollida,  así como á xenerosidade dos equipos médicos colaboradores, destaca a ONG.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)