Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O cártel de fabricantes de camións, demandado en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 21 DE MAIO DE 2018 · (0)



Na mañá de hoxe o bufete de avogados coruñes Caruncho, Tomé & Judel, presentou as primeiras de afectados polas prácticas irregulares deste cártel: unha en cada provincia. O custo excesivo medio observado é de aproximadamente o 20% segundo a Comisión Europea.


Son as primeiras das centenares que presentarán nas próximas datas que se viron atrasadas ante a folga da Xustiza dos últimos meses. Segundo Ignacio Caruncho, Socio Director do bufete, “este proceso é moi complexo e tivemos que esperar a este momento xa que había pasos previos que tivemos que respectar. Por exemplo, o ano pasado enviamos reclamacións a cada compañía por cada camión afectado e tivemos que esperar respostas a estas comunicacións”.

Estas reclamacións xudiciais son tremendamente complexas. Papel fundamental ten o informe pericial que se acompaña en cada demanda que dá a información concreta sobre cada camión e que certifica o incremento dos prezos dos vehículos obxecto do  cártel durante a súa vixencia, e o sobrecusto pago por cada demandante. De feito todas as demandas presentadas foron acompañadas dun elevado volume de documentación que certifica os sobrecustos de  DAF, Daimler, Iveco, MAN e Renault-Volvo. Entre estes documentos atópanse: a decisión provisional da Comisión Europea de 19 de xullo de 2016, o informe pericial sobre cada un dos vehículos, factura de compra, permiso de circulación e a reclamación extraxudicial trasladada a cada compañía.

Que se alega

No informe pericial presentado evidénciase como nos anos inmediatamente posteriores á finalización do cártel, prodúcese un rechamante descenso no prezo dos camións (-9.4% en 2011 e un -17% adicional en 2012), o que contrasta co resto dos vehículos de motor, cuxo prezo crece en 2011 e 2012. Tamén se expón que mentres que a taxa anual de crecemento dos prezos dos camións entre 2002-2010 foi do 2.34%, a taxa anual de crecemento de Índice de Prezos Industriais dos vehículos de motor foi do 0.94%, polo que o prezo dos camións creceu en media 1.40 puntos porcentuais máis que o IPRI. E conclúe que existe un sobrecusto xeral estimado ao longo do período considerado (2002-2010) do 17.39%.

A avogada Ana Valcárcel é quen representa en Galicia ás asociacións da Federación Empresarial de Transportes de Mercadoría por Estrada; nela englóbanse as asociacións Ascentra da Coruña, Aetram de Lugo e Atefrimer de Pontevedra.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)