Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Exemplo de boas prácticas na xestión da auga



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE XUñO DE 2018 · (0)



Saneplan, unha solución desenvolvida no Instituto Tecnolóxico de Galicia, é o úncio exemplo recoñecido pola OCDE como exemplo de boas prácticas para o fomento da coherencia en políticas da auga e o medio ambiente.


Dirixido a concellos e organismos con competencias en saneamento e planificación do territorio, Saneplan achega como novidade a xestión integrada do saneamento e a planificación urbana, reunindo a información das redes de saneamento e das EDAR (estación depuradora de augas residuais) nun único punto, conseguindo desta maneira unha visión completa do ciclo de augas residuais. Esta solución é froito de experiencias previas de éxito do centro tecnolóxico ITG relacionadas coa auga potable nas cidades.

A solución, desenvolvida na Coruña, está implantada dende 2016 na Mancomunidade do Salnés, Baiona, Cambados, Ribadumia e Vilanova de Arousa. Ademais, se atopa operativa na localidade italiana de Chiesina Uzzanese. A través destes cinco escenarios, analizáronse is de 100.000 pozos e is de 425 quilómetros de rede. Ademais, se dispón do esquema de sete estacións depuradoras de augas residuais. No seu desenvolvemento interviron 230 técnicos, formándose 12 grupos de traballo coa colaboración de 50 institucións públicas e privadas.

Durante os últimos dez anos, ITG traballou no desenvolvemento de solucións para asegurar unha maior calidade da auga, prevendo fenómenos como a eutrofización, permitindo a detección de fugas en redes de distribución de auga potable e integrando a súa xestión e a do saneamento coa ordenación do territorio. Ademais de Saneplan, o Instituto Tecnolóxico de Galicia desenvolveu a solución “WIZ”, que permite unha mellora da xestión da auga potable e dos procesos asociados de planificación urbana a través dun sistema de información práctico e transparente, e traballou no desenvolvemento e implantación de metodoloxías para reducir a presión de acuíferos subterráneos, mellorando así a resiliencia das cidades ante fenómenos de seca ou sobre explotación (ASAP). En canto a tecnoloxías para a optimización de redes de auga potable, o caudalímetro intelixente Wetnet, permite optimizar o control das redes de distribución de auga, detectando fugas en tempo real e facilitando a toma de decisións.

Outros recoñecementos

Ademais do recoñecemento da OCDE ao ter en conta Saneplan como caso de éxito, WIZ recibiu o recoñecemento do Programa LIFE da Unión Europea (Proxecto “Best of the Best”) e Wetnet obtivo dúas mencións de honra nun dos certames máis relevantes do sector: Wexglobal, ademais da acollida do mercado.

Entre os proxectos máis relevantes para o período 2018-2010, está Aquamundam, unha iniciativa europea para a planificación hidrolóxica e a eficiencia das redes de distribución de auga potable e os sistemas de saneamento en 12 pequenos e medianos municipios de España e Portugal para que poidan xestionar as súas infraestruturas, coñecer os custos de explotación e as posibles incidencias en tempo real con solucións tecnolóxicas propias de cidades intelixentes. Así mesmo, ITG está traballando en integración das necesidades de xestión de redes de saneamento e auga potable e en desenvolver solucións de valor engadido mediante a aplicación selectiva de tecnoloxías big data e intelixencia artificial.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)