Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

España é o cuarto país da UE con máis emprego a tempo parcial involuntario



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE XUñO DE 2018 · (0)



Nunha serie de países da Unión Europea, o emprego a tempo parcial é maioritariamente involuntario, xa que os traballadores preferirían ter un traballo a tempo completo. A media da UE-28 de traballo a tempo parcial involuntario situouse nun 26,4% en 2017.


Sen embargo, existen grandes diferenzas entre países, chegando nalgúns casos á contorna do 70% e noutros que non chegan ao 8%. O primeiro lugar corresponde a Grecia cun 70,2% de emprego a tempo parcial involuntario, figurando a continuación Chipre (67,4%) e Italia (62,5%). España ocupa o cuarto lugar cun 61,1% de traballo a tempo parcial involuntario. Esta cifra é is do dobre que a media europea e aumentou notablemente dende 2007, ano no que a cifra española era do 33,3%.

Bulgaria e Romanía superan amplamente o 50%, mentres que Francia e Portugal están por riba do 40%. Aproximadamente un terzo do emprego a tempo parcial é involuntario en Letonia, Finlandia, Eslovaquia e Lituania. Suecia (27%) e Hungría (26,8%) tamén figuran entre os países que superan a media.

Irlanda está xa por debaixo do promedio cun 23,6%. No Reino Unido, Dinamarca, Luxemburgo, Austria e Alemaña, a proporción de traballo a tempo parcial involuntario xa se sitúa por debaixo do 15%. Pechan a clasificación os Países Baixos (8,2%), Bélxica (7,8%) e Estonia (7,5%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)