Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os usuarios de Peinador xa contan cunha plataforma para as súas reclamacións



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE XULLO DE 2018 · (0)



En-Colectivo, promovida por un grupo de pasaxeiros afectados e QualityNova Consultores, pretende obter o resarcimento dos prexuízos ocasionados polos retrasos, cancelacións e desvíos de voos sufridos no aeroporto vigués pola desconexión do sistema antinéboa.


Na presentación da plataforma participaron Diego Maraña Goldar, afectado, portavoz de En-Colectivo e director xeral de QualityNova Consultores; Rafael Fernández Montalvo, socio en Madrid de Cremades & Calvo-Sotelo Abogados, ex presidente da Sección II da Sala do Contencioso Administrativo del Tribunal Supremo y ex Vocal del Consejo general de Poder Xudicial e experto en responsabilidade patrimonial; Alberto García Ramos, socio director de Cremades & Calvo-Sotelo Abogados en Galicia, e Diego Otero, director xeral de Abramar Viajes.

A principal diferenza entre esta plataforma e outros mecanismos existentes para iniciar reclamacións é que esixirá a AENA Aeroportos, mediante demandas colectivas, os danos individuais ou materiais, danos morais e o lucro cesante dos máis de 20.000 viaxeiros dos voos que se viron afectados pola falta do sistema antinéboa. Neste sentido, Maraña indicou que os problemas xerados por cancelacións, desvíos ou retrasos dos voos non só implicaron significativas molestias aos usuarios, senón tamén perdas económicas e danos morais. “Unha cancelación ou retraso pode levar consigo non poder chegar a unha reunión importante da que pode depender un negocio ou contrato, pero tamén pode afectar a nivel persoal e todo iso xera un prexuízo ilexítimo. Ademais, no aeroporto se viviron situacións caóticas e de falta total de información e coordinación cos pasaxeiros. Houbo unha plena falta de sensibilidade cos afectados e unha ausencia de solucións. Unha planificación optima e realista evitaría todo o sucedido”, sinalou.

Para tratar de corrixir estas situacións, En-Colectivo esixirá a AENA Aeroportos mediante demanda colectiva todos os danos irrogados aos pasaxeiros afectados, facendo especial fincapé nos prexuízos individuais de cada afectado, o lucro cesante causado e os danos morais sufridos. Para defender os seus intereses xurídicos, a plataforma conta co asesoramento de Cremades & Calvo-Sotelo Abogados, despacho especializado en reclamacións colectivas a nivel nacional e internacional. Esta firma levou a cabo accións contra AENA polo peche do espazo aéreo e os controladores aéreos, contra Bernard Madoff en EEUU ou a defensa dos accionistas minoritarios de empresas cotizadas en España mediante agrupados en Aemec (Asociación Española de Accionistas Minoritarios de Empresas Cotizadas), entre outras.

“Reclamando de forma individual resulta moi difícil e custoso reparar os dereitos dos viaxeiros, polo que ante vulneracións como as sufridas nas últimas semanas éis efectivo realizar unha reclamación colectiva, onde se pode exercer unha defensa mellor coordinada dos afectados e contar cunha maior capacidade de ser escoitado”, afirmou o representante deste despacho de avogados en Galicia.

Garantía de éxito

Pola súa banda, Rafael Fernández Montalvo sinalou que “neste caso concreto cremos que se dan todas as circunstancias para exercitar con éxito unha acción civil dada a actual natureza xurídica de AENA Aeroportos, ao amparo do Real Decreto-lei 13/2010 e ao acordo do Consello de Ministros adoptado o 25 de febreiro de 2011”.

Finalmente, o director xeral de Abramar Viajes puxo de manifesto que a situación experimentada pola falta do sistema antinéboa xerou numerosos inconvintes para os seus clientes, maioritariamente empresas, que tiveron custos económicos significativos. “Se as persoas reclaman os seus dereitos, as entidades responsables destes danos, ben sexa AENA Aeroportos ou as compañías aéreas, operarían con maior previsión e, por conseguinte, os prexuízos para os usuarios serían moito menores”.

Calquera persoa ou entidade que se vise afectada por retrasos, desvíos e cancelacións de voos nos últimos dous meses pola falta do sistema antinéboa no Aeropuerto de Vigo pode adherirse a En-Colectivo. A entrada na plataforma é gratuíta e se cobrará aos membros o 25% da indemnización no caso de gañar para cubrir gastos de xestión.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)