Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os fogares galegos aforraron o pasado ano 83 millóns de euros no pago de impostos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE XULLO DE 2018 · (0)



Así o comunicou hoxe no Parlamento a directora da da Axencia Tributaria de Galicia, María Victoria González. A cantidade corresponde aos impostos autonómicos en herdanzas e no medio rural, a consecuencia da rebaixa fiscal aprobada polo Goberno galego e que está en vigor desde xaneiro de 2016.


María Victoria González informou hoxe no Parlamento da actividade desenvolvida pola ATRIGA durante o pasado exercicio. No eido fiscal, destacou que 2017 foi o primeiro ano no que a baixada de impostos aprobada pola Xunta tivo un efecto completo. Por mor disto, un total de 98.141 contribuíntes galegos recibiron unha herdanza e non pagaron nin un euro no Imposto sobre Sucesións, xa que máis do 99% dos galegos non pagan este imposto cando reciben unha herdanza dun familiar directo.

No eido fiscal, destacou que 2017 foi o primeiro ano no que a baixada de impostos aprobada pola Xunta tivo un efecto completo. Por mor disto, un total de 98.141 contribuíntes galegos recibiron unha herdanza e non pagaron nin un euro no Imposto sobre Sucesións, xa que máis do 99% dos galegos non pagan este imposto cando reciben unha herdanza dun familiar directo.

Ademais, outros 17.816 contribuíntes beneficiáronse do programa de Impostos cero no rural, máis do dobre que o ano anterior. Este programa deixa libre de impostos á Xunta a adquisición dun ben rústico ou a ampliación dunha explotación agraria, e foi ampliado en 2017 á adquisición dunha vivenda habitual no medio rural para todos os menores de 36 anos, as persoas con discapacidade e as familias numerosas. No actual exercicio volveu ser ampliado con novas medidas para fomentar o alugueiro de inmobles rústicos, a participación en cooperativas agrarias ou os investimentos asociados ás sociedades de xestión forestal.

González tamén sinalou que a ATRIGA obtivo o pasado ano 6,9 euros por cada euro investido nas actuacións de loita contra a fraude fiscal, o que permitiu aflorar 144 millóns de euros de débeda non declarada polos contribuíntes.

O organismo comprobou no último exercicio máis de 325.000 autoliquidacións do Imposto de transmisións patrimoniais e do Imposto sobre sucesións e doazóns, xa que ambos tributos concentran a maior parte dos ingresos tributarios xestionados pola Xunta. Isto supuxo un aumento do 16% respecto ás autoliquidacións comprobadas no exercicio anterior.

Máis ingresos

No ano 2017, a administración tributaria galega acadou uns ingresos de 549,7 millóns de euros, o que supón un incremento do 4,6% respecto ao ano anterior. Este incremento débese principalmente á paulatina recuperación do mercado inmobiliario no que atinxe á vivenda usada e tamén ao desenvolvemento dun plan especial de loita contra a fraude fiscal, que permitiu detectar 32,2 millóns de euros.

Ademais, a Axencia Tributaria de Galicia atendeu máis de 262.000 persoas o pasado ano, un 2% máis que en 2016. O tempo de atención por usuario foi de cinco minutos para o Imposto sobre Transmisións e de dez minutos no de sucesións. Así mesmo, González destacou o éxito da colaboración coa Axencia Estatal de Administración Tributaria na campaña da renda, que permitiu atender 38.560 contribuíntes. E no eido da avaliación destacou que en 2017 se presentaron 81 queixas, o que supón unha ratio de menos de 3,1 queixas por cada 10.000 persoas atendidas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)