Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Premio ao pulo expansivo dun empresario



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE XULLO DE 2018 · (0)



José González Fuentes, presidente de Luckia, recibiu onte o premio “Liderado Empresarial” da CEC como líder dun proxecto baseado no tesón, a autoesixencia e a responsabilidad, e dar exemplo ás novas xeracións de emprendedores.


A gala de entrega da undécima edición do premio “Liderado Empresarial”, celebrada onte á noite na Finca Montesqueiro, no municipio coruñés de Oleiros, congregou a máis de 200 personalidades do mundo político, empresarial e social que foron testemuñas da homenaxe a un home, José González Fuentes, que soubo situar á súa empresa, Luckia, ao fronte do sector do xogo en España, contribuíndo ao progreso económico e social de Galicia e á creación de emprego. Nun acto presidido polo presidente da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), Antonio Fontenla, o galardoado recibiu o premio das mans do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha gala que tamén contou coa presenza do conseloleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e o presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Enrique Losada.

Tras agradecer a distinción recibida, o empresario homenaxeado destacou a singularidade deste premio fronte a outros recibidos ao longo da súa traxectoria, por ser un recoñecemento “entrañable” na cidade da Coruña, onde vive dende hai máis de 35 anos. Nado en na contorna rural de Cerceda en 1948, González Fuentes relatou como foi o seu primeiro contacto coas máquinas de xogos en París, o que o levou a mercar unha gramola para o bar familiar en Ordes, onde xerminou o seu negocio ao comezar a montar máquinas en concellos próximos. Dende aí deu o salto ás principais cidades galegas na recén estrenada década dos 80 para pasar directamente á súa expansión ao resto de España, e finalmente en 2005 iniciar a súa aventura internacional.

A raíz da entrada en vigo da lei estatal do xogo en 2013, a súa empresa, coñecida ata entón como Egasa, deu un xiro na súa andaina comezando pola súa denominación: Luckia, un nome co que pretendía significar algo para o consumidor final, na procura tamén de acadar un cambio cultural e de proxección do grupo empresarial. Así, na actualidade, a compañía é un referente no sector do xogo en España, con is de 2.500 empleados –dos que un 44% son mulleres–, distribuídos entre os seis países nos que está presente: Chile, Colombia, Croacia, España, Perú e Portugal, coa intención de expandirse e situarse en 2021 nun total de 12 estados. “Somos unha empresa familiar, coa súa peculiaridade e cultura propias, baseada nuns valores de rigor, integridade, foco no cliente e desenvolvemento das persoas, cunha actitude responsable fronte aos nosos clientes ao manter protocolos propios de xogo responsable”, sinalou.

Pola súa banda o presidente da CEC destacou que Luckia, como corporación empresarial cuxa actividade trascendeu as fronteiras galegas cunha facturación superior a 500 millóns de euros, está liderada por un empresario “profundamente autodidacta”, por un home “perseverante, discreto e con enorme pulo”, que é un “brillante, esforzado e rigoroso” xestor que, dende o compromiso e a prudencia, foi quen de dirixir un proxecto que se asegurou o seu futuro na permanente búsqueda da expansión e a creación de riqueza económica e social. “José González Fuentes é unha persoa que lidera un proxecto baseado no tesón, a autoesixencia e a responsabilidade, e sen dúbida constitúe un exemplo para as novas xeracións de emprendedores”, asegurou.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)