Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os galegos piden produtos ecolóxicos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE XULLO DE 2018 · (0)



Ao 85% dos consumidores desta comunidade autónoma gustaríalle incluír un mayor consumo destes alimentos na súa dieta, sen embargo o 38% non sabe como facelo, segundo o Barómetro Honest.


Os produtos ecolóxicos constitúen un mercado en crecemento neste país e cada vez máis fogares contan na lista da compra con alimentos ecolóxicos. O Barómetro Honest, un estudo realizado polo Instituto Sondea entre consumidores españois, detecta nas súas conclusións que a oito de cada dez galegos (85,9%) lles gustaría incluír na súa alimentación un maior consumo de produtos ecolóxicos e, sen embargo, o 38,7% non sabería por onde empezar a facelo, sendo o prezo unha das barreiras coas que se atopan.

Tal é así que o custo dos produtos ecolóxicos constitúe a principal barreira para consumilo para o 86,8% dos galegos, pero tamén hai outros factores, como ter unha gama de produtos limitada que tamén representan unha limitación (77,1%). Nesta clasificación sitúanse a escasa distribución (66,6%) e a dificultade para diferencialos (35,9%) como aspectos que limitan o seu consumo, segundo os galegos.

Trátase dunha percepción moi en la coa do conxunto de España, onde o 76% dos entrevistados considera que aínda non hai suficiente información no que a este tipo de produtos se refire. Así, o Barómetro Honest confirma que os españois aínda deben aprender a introducir hábitos de consumo máis ecolóxicos na súa vida diaria.

Entre os produtos ecolóxicos que aos españois máis lles gustaría incluír no seu día a día destacan os tés e cafés listos para tomar no 38,7% dos casos. Trátase dunha porcentaxe catro veces superior respecto aos que xa os inclúen na súa cesta da compra (11,6% para os tés e un 10,3% no caso dos cafés).

Unha tendencia en crecemento

De acordo co estudo do Instituto Sondea, sete de cada dez españois xa inclúen na súa dieta produtos ecolóxicos. Así, o 57,6% asegura consumilos varias veces por semana, dos que tan só un 17,1% o faría a diario. Por comunidades autónomas son Estremadura (82,98%), Castela e León (77,5%), Aragón (76,8%) e Cataluña (75,4%) as rexións de España cun maior número de persoas que adoitan incluír produtos ecolóxicos na súa alimentación. No caso de Galicia, esta porcentaxe ascende ata o 74,5%.

Sen embargo, esta tendencia de consumo non só viu para quedar en España, tamén noutros países europeos, onde a presenza de produtos ecolóxicos é maior que neste país. Así, para consumir máis produtos ecolóxicos, os españois necesitarían que fosen máis baratos (93,4%), que se certifique de forma exhaustiva os que o son (91,4%) e que estean dispoñibles nos establecementos nos que adoitan facer a compra (82,9%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)