Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O DOG publica hoxe a convocatoria de bolsas para estudar no Centro Superior de Hostelería de Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE XULLO DE 2018 · (0)



Poderán beneficiarse destas bolsas estudantes de primeiro curso dos diferentes títulos impartidos no CSHG que reúnan unha serie de requisitos académicos e económicos. A concesión suporá o desconto dunha parte porcentual do prezo de matrícula en réxime externo que pode acadar do 50% ao 80% do importe.


Co obxectivo de consolidar un destino de maior calidade e máis competitivo,Turismo de Galicia publica hoxe no DOG a convocatoria de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), onde se forman directivos hostaleiros e xestores en cociña cun elevado nivel de profesionalidade.

Turismo de Galicia convoca, en réxime de concorrencia competitiva, ata 21 bolsas dirixidas aos alumnos de diploma superior en Xestión Hoteleira e aos de diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña, titulacións impartidas no CSHG. Os interesados dispoñen dun mes para realizar a súa petición e poden consultar os detalles da convocatoria no DOG de hoxe.

O CSHG conta cunha elevada taxa de inserción laboral, pois o 85% dos titulados acceden ao mercado laboral no sector hoteleiro e turístico nos oito meses seguintes á finalización dos estudos. Desde 1994, formou xa arredor de 2.600 directivos que desenvolven o seu labor en empresas do sector de todo o mundo.

En contacto co sector

A formación práctica en contacto permanente co sector é un dos piares do plan de estudos do CSHG, que ao longo do curso acolle xornadas de formación como HotelForum e GastroForum, dúas citas que nos últimos anos reúnen a recoñecidos profesionais e que están a promover a reflexión e o debate arredor das tendencias, estratexias e oportunidades tanto no negocio hoteleiro como no eido enogastronómico na Comunidade galega.

Así mesmo, a súa Escola de Turismo Itinerante capacita a pequenos establecementos de restauración nas zonas identificadas cun forte potencial e un menor desenvolvemento. A formación constante do sector, tanto dos profesionais actuais como dos futuros, é unha das prioridades nas liñas de traballo fixadas na Estratexia do turismo de Galicia 2020.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)