Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

50 anos da Unión Aduaneira europea



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE XULLO DE 2018 · (0)



Creada en 1968 para eliminar aranceis entre os membros da entón Comunidade Europea e fixar normas comúns, foi un éxito. Por iso a Cámara da Coruña e a Axencia Tributaria celebraron onte unha xornada conmemorando a data con varios economistas invitados. O 74% das exportacións de Galicia van destinadas á UE, así que o impacto é enorme.


O director xeral da Cámara, Gonzalo Ortiz, e a delegada especial da Axencia Estatal de Administración Tributaria de Galicia, Imelda Capote, lembraron que daquela só estaban integrados seis países e hoxe forman parte da UE 28 Estados e outros territorios engadidos.

Ortiz fixo fincapé na o necesario que é “valorar o que temos e o que non debemos perder” en referencia aos retos ao Brexit. O xefe da Dependencia Rexional de Aduanas de Galicia, Jaime  Gayá Moreno, lembrou tamén as disputas comerciais con terceiros países, a nova relación con Reino Unido tras decembro de 2020, o deseño dunha nova fiscalidade do IVE de intercambios  intracomunitarios e dunha nova fiscalidade do IVE e aranceis para o e- commerce.

Julio Sequeiros Tizón, catedrático de Estrutura Económica da UDC, explicou como unha parálise no comercio internacional pode repercutir nun país enteiro: “O comercio internacional non abastece soamente os mercados estranxeiros, abastece tamén os sistemas produtivos doutros países. Unha parálise no comercio internacional  desabastece os mercados e paraliza os sistemas produtivos. Paraliza a economía dun país enteiro”.  

Ana Agras, subdirectora da Cámara,lembrou diferentes experiencias empresariais que se viron afectadas por barreiras  arancelarias nas súas vendas a mercados exteriores fose da Unión Aduaneira e Juan Feijóo Casanova, xerente da área de internacionalización do IGAPE, falou sobre os apoios ao comercio internacional. Sergio Prieto López, director territorial de Comercio e ICEX en Galicia, afirmou que existe un obxectivo compartido co IGAPE de chegar en 2020 a que as exportacións galegas supoñan o 40% do PIB.  En 1990 as vendas ao exterior de Galicia supoñían un volume de 1.500 millóns de euros e en 2017 alcanzaron os 21.670 millóns de euros.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)