Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cinco 'tips' para investir no sector da biotecnoloxía



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE XULLO DE 2018 · (0)



Daniel Oliver,CEO de Capital Cell, asegura que “chégannos proxectos que investigan a telepatía, unha cura para o cancro, alzhéimer, esclerose múltiple... Dentro de 30 anos, miraremos atrás e pensaremos que había que entrar en calquera empresa que estivese a facer algo de biotech”.


É un dos sectores máis rendibles desde hai anos -xera rendibilidades moi superiores ás do sector inmobiliario ou ao investimento en bolsa- , pero ás veces provoca aprensión debido principalmente ao descoñecemento e á dificultade de análise destas oportunidades. Como calquera investimento en empresas coleva riscos pero para poder facelo e ter rendibilidades elevadas é recomendable seguir as seguintes pautas:

1. Diversificar: A clave está en repartir o diñeiro entre, polo menos, 5 empresas de diferentes sectores e con diferentes perfís de risco para ter máis probabilidades de conseguir beneficios.

2. Reducir o risco con roldas de financiamento lideradas por un  business angel ou fondo de capital risco que analizasen a empresa a fondo.

3. Ao ser un investimento de risco é fundamental ter en conta que non hai que investir o que se necesite para vivir.

4. Analizar empresas deste sector é moi complicado. Por iso hai que aproveitar as  redes de expertos que analizan as oportunidades e ofrecen esta información a todos os investidores. Un exemplo diso é a BioExpert Network.

5. Non deixar o diñeiro parado nunha conta bancaria, senón movelo xa que se non se fai pódese perder entre 2% e un 4% anual.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)