Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 70% das empresas españolas prevé unha evolución positiva das súas vendas nos próximos 12 meses



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE XULLO DE 2018 · (0)



Segundo o Barómetro de Empresas da compañía de seguros Solunion, o 93% das compañías observou unha evolución igual ou favorable dos seus prazos de cobro con respecto á tendencia dos últimos anos.


As empresas de fabricación de coches son as que amosan unha resposta máis positiva: o 42,86% delas experimentou unha mellora nos períodos de cobro. Ademais, o 70% das compañías entrevistadas prevé unha evolución positiva ou moi positiva das súas vendas, esperando un incremento tanto en facturación como en resultados.

A evolución dos pedidos, outro dato relevante para coñecer a saúde das empresas, tamén amosa un avance positivo: o 50% rexistrou unha evolución mellor ou moito mellor da súa carteira de pedidos nos últimos meses. Respecto ao financiamento, is do 50% destas empresas manifestou que obtivo unahs condicións máis positivas, sendo as compañías do sector papel as que obteñen os mellores datos, cunha porcentaxe que ascende ao 71%, seguido da construción, co 68% e do metal co 67%.

En canto ás oportunidades de negocio, o crecemento da demanda, a saída ao mercado de exportación, e o acceso e custo do financiemento son as principais sinaladas polas empresas. Polo contrario, a volatilidade no prezo das materias primas, a caída da demanda, ou a entrada de novos actores no sector figuran como as principais preocupacións, que poderían impactar de forma significativa nos resultados das empresas e provocar certas dificultades de liquidez.

“En xeral, as empresas entrevistadas no Barómetro de Solunion describen sensacións de moderado optimismo con respecto á evolución dos seus negocios nos próximos meses”, indica Manuel Rey, xefe de Información de Solunion España. “Ao mesmo tempo, observamos unha aproximación máis prudente ao risco, reflictida por exemplo en certa tendencia a non emprender grandes plans de investimento, e nunha maior conciencia de protección das súas operacións comerciais”.

O analista

Contar con información precisa e actualizada sobre os clientes cos que unha compañía vai establecer as súas relacións comerciais, é fundamental para unha correcta xestión do risco de impago. Neste sentido, o papel do analista é fundamental para que a vixiancia do risco sexa eficiente. O analista estuda a solvencia dos clientes das empresas e cuantifica o risco de emprender con eles operacións financeiras. Para iso ten en conta variables como os estados contables ou os ratings de solvencia das compañías, a evolución sectorial e do mercado ou mercados onde desenvolven actividades e, en xeral, todos os aspectos macro e microeconómicos que poden afectar á evolución do negocio.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)