Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Madeira de confianza



REDACCIÓN · PUBLICADO O 26 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



Un grupo operativo do sector da madeira desenvolve o proxecto Timbertrack, un sistema innovador de etiquetado para o seguimento da madeira dende o monte ata a industria, permitindo a súa integración en sistemas avanzados de datos.


O proxecto, que foi aprobado pola Asociación Europea da Innovación (AEI), pretende deseñar e desenvolver un sistema de etiquetado que identifique univocamente á madeira como materia prima, permitindo a posta en valor de todo o conxunto de datos xerados ao longo da cadea, espertando xa o interese de diferentes grupos de nivel mundial. Proxectos europeos de grande envergadura, como Lineset ou Indiusputable Key, foron desenvolvidos nos últimos tempos por destacadas organizacións de toda Europa e demostran o interese do proxecto.

Timbertrack conta con financiamento incluído no Programa Nacional do Desenvolvemento Rural 2014-2020 polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, e a súa implantación no sector da madeira terá unha grande importancia, xa que hoxe en día existen tecnoloxías da información moi avanzadas que permitirán poñer en valor uns datos que ata o momento resultaba tecnicamente complexo implementar na industria e que, nos últimos sete anos, son aplicables (como é o caso da tecnoloxía Blockchain).

A redución en custos loxísticos, a mellora na clasificación do produto, a obtención de información de alto valor mediante minaría de datos/big data/machine learning, a axilización de procedementos ou a mellora da transparencia no mercado serán só algúns dos beneficios sobre os que terá repercusión este proxecto e que serán de grande interese para o conxunto de actores que participan nas cadeas de subministro, dende produtores ata empresas de aproveitamento e loxística, ademais da industria transformadora.

O desenvolvemento e implementación desta solución fará ao sector forestal máis produtivo e competitivo, e proverá á industria dunha materia prima máis custo-eficiente e de máis calidade. Esta mellora terá ademais unha influenza moi positiva sobre o medio ambiente e o clima, posto que a ganancia en eficiencia levará aparellada unha redución do impacto da maquinaria sobre o medio ou das emisións causadas por un transporte que resultará máis eficiente.

Membros do grupo operativo

Está formado por entidades do sector da madeira: o Centro Tecnolóxico Metalmecánico e do Transporte (Cetemet); la empresa galega Sistemas de Desenvolvemento Integral do Territorio, no eido da innovación forestal; a Fundación Centro Tecnolóxico Forestal e da Madeira (Cetemas), que desenvolve proxectos de investigación e desenvolvemento para o sector forestal asturiano; a firma galega Gen2RFID Solutions, especializada en solucións de deseño e desenvolvemento de tecnoloxía RFID; a empresa catalá Dipole Analyst, especializada no deseño de sistemas de etiquetado; o Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, que agrupa aos principais fabricantes e actores da industria forestal, e a firma finlandesa Risutec Ltd., deseñadora e fabricante de maquinaria forestal, que desempeñará un papel fundamental de cara á internacionalización do proxecto. Además, colaboran con Timbertrack a firma asturiana fabricante de autocargadores forestais Dingoma, a multinacional galega de produtos forestais Finsa e a asturiana fabricante de produtos forestais a partir de castiñeira, Maderas Siero.

Tras rematar o deseño do proxecto de innovación, o grupo operativo iniciará o proceso de busca de financiamento para a súa execución, a través da segunda fase deste programa xestionado polo Ministerio de Agricultura.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)