Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Fomentando o talento TIC en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 28 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



Máis de 60 novos investigadores presentan no Congreso Xove TIC, que se celebra dende onte na Coruña, os seus proxectos no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación, fomentando a divulgación científica.


O Centro de Investigación TIC (Citic) da Universidade da Coruña acolle ata hoxe este encontro, en cuxa sesión de apertura participaron onte o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, e o director do Citic, Manuel F. González Penedo. Baixo o obxectivo de contribuír á formación dos novos investigadores e fomentar a divulgación científica, o congreso pretende ademais potenciar a cooperación e a colaboración entre as universidades galegas e os seus grupos de investigación, xa que, en palabras do director do Citic, “os grandes logros conséguense en colaboración”. Pola súa banda, o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia comprometeuse cos investigadores con que terán todo o apoio por parte do reitorado no seu traballo, asegurando que “o futuro é voso”.

Na primeira xornada, ademais das comunicacións orais dos investigadores, tivo lugar unha conferencia plenaria por parte do presidente da Sociedade Científica Informática de España (SCIE) e catedrático da Universidade de Oviedo, Antonio Baamonde, sobre o papel estratéxico da investigación en informática en España. Tamén se impartirán dous talleres formativos de ciberseguridade e tecnoloxías 5G. Hoxe, a investigadora do Computer Vision Center e profesora da Universidade de Barcelona, Petia Radeva, ofrecerá unha conferencia sobre visión artificial e aprendizaxe máquina.

Colaboran na organización do congreso o Citius da USC, atlanTTic da UVigo e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Pola súa banda o Clúster TIC Galicia, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia e o Instituto Tecnolóxico de Galicia patrocinarán os premios que se outorgarán ás catro mellores comunicacións.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)