Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Compostela Monumental, finalista do Premio Nacional de Prevención de Riscos Laborais



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



A asociación de comerciantes do casco histórico santiagués métese así na terna final de dez candidatos entre as máis de 360 candidaturas presentadas a este galardón que recoñece as mellores iniciativas e acción en materia de prevención de riscos laborais.


A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental está de noraboa, xa que o seu Programa de Prevención de Riscos Laborais foi seleccionado finalista para o Premio Nacional de Prevención de Riscos Laborais Prevencionar 2018. “É unha gran noticia para a nosa asociación, xa que pon de manifesto o gran labor que estamos levando a cabo en distintas materias moi importantes para o comercio e a sociedade santiaguesa. O noso programa de Prevención de Riscos Laborais no Comercio Tradicional está sendo apoiado pola Xunta de Galicia dende haie varios anos, e as nosas IV Xornadas de PRL e as I Mesas Redondas de PRL no Comercio foron un éxito de repercusión nacional”, sinala José Ángel Blanco, xerente de Compostela Monumental.

Máis de 360 candidaturas presentáronse a estes premios e Compostela Monumental formará parte dos dez finalistas que loitarán polo galardón. “Isto é como o sorteo final da Champions: temos como rivais a grandes multinacionais como Heineken, Gas Natural, Leroy Merlin, Quirón Salud, Saint Gobain Weber ou a Autoridade Portuaria de Bilbao. Xa é un éxito estar aí. Imos ver o que pasa”, apunta Blanco.

Tras a importante acollida que tivo a primeira edición dos Premios Prevencionar en 2016, esta segunda edición, correspondente a 2018, convocouse cun triple obxectivo: recoñecer as mellores iniciativas e accións no eido da prevención de riscos laborais, fomentar a innovación e a creatividade das empresas nesta área e destacar as mellores prácticas no ámbito das organizacións saudables. A través destes premios quérese concienciar á sociedade e dar exemplo e extensión das boas prácticas realizadas, co fin de que o seu exemplo poida cundir noutras empresas ou organismos.

Compostela Monumental é a Asociación de Comerciantes máis galardonada de España, e a única en Galicia que conta co Premio Nacional de Comercio, que lle foi concedido en 2006 como mostra a imaxe de apertura. Ten ademais varios premios nacionais e internacionais no seu palmarés.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)