Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

España, entre as favoritas dos recén casados europeos para pasar a lúa de mel



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



Italia e Grecia son os destinos preferidos pero o noso país -por detrás de ambos-, xa está diante de Francia, no terceiro posto. Segundo unha análise de Winetourismspain “o noso estudo desprende a enorme oportunidade aínda por desenvolver que presenta a oferta de luxo. España posúe elementos para multiplicar os ingresos nos próximos anos”.


Luis Lechuga, CEO do portal venvellado coa cultura do viño española, lembra que no caso de Francia é realmente París quen concentra o interese. En canto a Grecia a súa imaxe está moi asociada ao mar, casas brancas e ceas con posta de sol en illas de praias brancas. Pero no mes da celebración da feira “Mil e unha vodas”,  Winetourismspain. viu duplicar as súas vendas de viaxes de lúa de mel durante 2018 fronte a 2017.

Dos datos de peticións de clientes estranxeiros, a axencia destaca a procura de gastronomía con estrela Michelin, a elección de suite en hoteis puntuais, e a inclusión dalgunha actividade orixinal. A axencia creou propostas cun toque especial e de aventura á lúa de mel: durmir en castelos, voos en globo sobre viñedos, ser adegueiro por un día, ou percorrer os escenarios da serie Xogo de Tronos , que tiveron moi boa acollida. “Somos conscientes que, fronte a outros destinos de lúa de mel, España ten unha imaxe posiblemente máis desgastada. Pero temos todos os ingredientes para que as propostas colmen as expectativas da maioría das parellas, así como facelo a un prezo razoable”. O perfil cliente da axencia: un 25% solicita algún tipo de actividade que se salga do normal e a duración media da viaxe é de 8 días.

Ao potencial económico das lúas de mel súmase o das vodas no estranxeiro. Só en Estados Unidos hai preto de 2,5 millóns de vodas cada ano e un 20% fanse fóra das súas fronteiras. Trátase, segundo os datos do portal norteamericano The knot, de vodas máis íntimas e nun 80% son parellas que xa estiveron casados con anterioridade. Mentres, en Europa a cifra de vodas está próxima aos 2,2 millóns e o gasto medio dunha lúa de mel é 3 veces máis alto que o gasto medio en vacacións. “O papel do organizador dunha lúa de mel está en achegar ese ideal que todas as parellas teñen en mente. É posible que o destino non fose o dos seus soños, pero si podemos facer que a viaxe termine sendo ese con o que soñaban, e é unha fonte de publicidade gratuíta enorme para un destino”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)