Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Máis de 175 escolas galegas participarán no programa de alimentación saudable de Arume



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



A través de actividades, talleres e cursos os rapaces coñecerán os sabores e características da cociña tradicional galega, además de aprender hábitos alimentarios saudables e normas de comportamento á hora de comer.


A aposta de Arume polos produtos ecolóxicos locais e rexionais, que supoñen o 89% da súa compra, fará que os escolares galegos coñezan os sabores e características da cociña tradicional galega. Ademais, os alumnos terán a oportunidade de elixir os menús escolares, xa que este proxecto educativo ofrece un espazo para que poidan opinar sobre os ingredientes e a elaboración das recetas que conforman o menú escolar. O programa de educación en hábitos alimentarios saudables conta cun equipo de pedagogos, monitores, coordinadores e outros profesionais do sector da educación, que supervisa e garante a calidade de todas as actividades levadas a cabo.

O xerente de Arume, Roberto Casal, asegura que “imos seguir traballando para concienciar a nenos e mozos das bondades de nuestra nosa cociña tradicional e para que adquiran hábitos saudables na alimentación. O fercerémoslles, deste modo, ferramentas adecuadas para comer de maneira saudable, dunha maneira didáctica e entretida”.

A confección de todos os menús responde ao principal obxectivo da compañía: a aposta pola singularidade do mercado galego e os seus produtos. “Ofrecemos un servizo moi próximo, respectando as peculiaridades da nosa cociña e hábitos gastronómicos, apoiándonos na gran riqueza que ofrece a nosa terra en canto a provedores, produtos e materias primas”, afirma Casal.

A compañía conta cun equipo humano integrado por is de 850 colaboradores directos. Dispón tamén de cociñas centrais en Lugo, Vigo e A Coruña, que cumpren coas garantías sanitarias e de seguridade alimentaria. En concreto, a cociña central de Vigo está certificada coa ISO 22000, que eleva aos máximos niveies de esixencia o control dos seus procesos e a súa seguridade.

Deste modo, Arume garante o valor nutricional de cada menú, utilizando materias primas de calidade e primeiras marcas, priorizando sempre o produto galego. Todos os pratos están elaborados e etiquetados de forma rigorosa, evitando contaminacións cruzadas entre diferentes tipos de dietas (intolerancias, alerxias, etc) co fin de garantir a seguridade alimentaria.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)