Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Aberto o V Premio “Camiño do Emprendemento 2018/2019”



PUBLICADO O 28 DE DECEMBRO DE 2018 · (0)



A Cámara de Comercio de Santiago convócao xunto con Abanca: tres bolsas que cubrirán ao 50% os gastos da estancia no viveiro de empresas de Costa Vella durante un ano. As solicitudes para participar deberán presentarse antes do 8 de febreiro ás 14.00 horas no rexistro cameral ou no viveiro.


Está destinado a emprendedores que teñan unha empresa cunha antigüidade non superior a dous anos e para os que teñan o seu proxecto empresarial en fase de maduración ou se comprometan a facelo nun prazo de seis meses. En ningún momento deben ser proxectos que xa foran obxecto de incubación. A inscrición estará dispoñible na web corporativa www.camaracompostela.com. O fallo do farase público o día 28 de febreiro na Cámara.

Durante os doce meses de estancia na incubadora, os emprendedores recibirán servizos de acompañamento, cosultoría, titorización e mentorización dos seus proxectos empresariais coa finalidade de favorecer o seu arranque, creación e consolidación co propósito de asegurar a súa supervivencia. Ademais, os participantes poderán solicitar as liñas de financiamento presentadas por Abanca con condicións financeiras preferentes (a concesión do financiamento estará suxeita, en todo caso, á previa análise do risco por Abanca).

O xurado terá en conta na súa decisión o nivel de desenvolvemento, o seu carácter innovador, o volume de investimento, o grao de proxección nacional e internacional, a posible xeración de postos de traballo e a experiencia previa dos participantes. Os seus membros analizarán cada proxectos e manterán unha entrevista persoal cos candidatos.  



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)