Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 100% da enerxía renovable en Europa é máis rendible que o sistema enerxético actual



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



Así o recolle un recente traballo de investigación realizado pola Universidade LUT que simulou unha transición enerxética completa da enerxía, a calor, o transporte e a desalinización para o ano 2050. Un sistema 100 % renovable daría emprego a entre 3 e 3,5 millóns de persoas.


Esta  modelización técnica e financeira implicou o labor de investigación dun total de 14 científicos durante máis de tres anos “e confirma que a transición a unha enerxía 100% renovable non é máis custosa que o sistema enerxético actual”, afirma Hans- Josef Fell, ex parlamentario alemán e presidente do Energy Watch Group. Os argumentos financeiros do estudo a favor dunha transición enerxética son aínda máis sólidos se se ten en conta o importante aumento do emprego previsto e os beneficios económicos indirectos, como a saúde, a seguridade e o medio ambiente.

A transición requirirá, segundo estre traballo, unha electrificación masiva en todos os sectores enerxéticos. A xeración total de enerxía superará entre catro e cinco veces a de 2015, e a electricidade representará máis do 85% da demanda de enerxía primaria en 2050. Ao mesmo tempo, o consumo de combustibles fósiles e nuclear elimínanse por completo en todos os sectores. A xeración de electricidade no sistema de enerxía 100% renovable consistirá nunha combinación de fontes de enerxía: solar fotovoltaica (62%), eólica (32%), hidroeléctrica (4%), bioenerxía (2%) e xeotérmica (< 1%).

A enerxía eólica e solar representan o 94% da subministración total de electricidade para 2050, e aproximadamente o 85% da subministración de enerxía renovable provirá da xeración descentralizada local e rexional. A enerxía 100% renovable non é máis cara: o custo nivelado da enerxía para un sistema enerxético plenamente sustentable en Europa mantense estable, oscilando entre os 50-60 €/ MWh ao longo da transición.

Moito traballo

Un sistema de enerxía 100 % renovable daría emprego a entre 3 e 3,5 millóns de persoas. Os aproximadamente 800.000 postos de traballo da industria europea do carbón en 2015 reduciranse a cero de aquí a 2050 e compensaranse con máis de 1,5 millóns de novos postos. “Os resultados demostran que os obxectivos actuais establecidos no Acordo de París poden e deben acelerarse”, di o Dr.Christian Breyer, profesor de economía solar na Universidade LUT de Finlandia. “A transición é realista agora e coa tecnoloxía que temos dispoñible”.

As principais medidas promovidas no informe inclúen o apoio á unión entre sectores, os investimentos privados, os beneficios fiscais e os privilexios legais, cunha redución simultánea dos subsidios ao carbón e aos combustibles fósiles. Ao aplicar marcos políticos sólidos a transición a unha enerxía 100% renovable pode realizarse mesmo antes de 2050.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)