Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Máis de 100 empresas e institucións participan na I Xornada Técnica de Internacionalización Galicia-Portugal



REDACCIÓN · PUBLICADO O 22 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



Os investimentos galegos no país veciño aumentan cada ano: só no norte de Portugal hai máis de 500 pequenas e medianas empresas galegas asentadas. Sectores como a automoción, o naval, a industria frigorífica ou o granito decidiron trasladar a súa produción a Portugal.


A partir das 9.00 horas de mañá o Club Financeiro Atlántico, na Coruña, acollerá a primeira Xornada Técnica de Internacionalización Galicia-Portugal, un foro organizado por Caruncho, Tomé & Judel e o bufete portugués Telles, firma de avogados e asesores fiscais líderes no país veciño.

Nos últimos anos moitas empresas galegas asentáronse en Portugal polas condicións favorables dos investimentos. De feito, só no norte do país atópanse máis de 500 pequenas e medianas empresas galegas. Sectores como a automoción, o naval, a industria frigorífica, o procesado da pesca, a loxística ou o granito decidiron trasladar a súa produción a Portugal.

Nesta xornada participarán representantes do Banco Santander e da consultoría galega Proactive & Proasa, que achegarán algúns dos seus produtos exclusivos para os investimentos en Portugal.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)