Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A plataforma SmartWood, a pleno rendemento



REDACCIÓN · PUBLICADO O 22 DE ABRIL DE 2019 · (0)



Gratuíta, moi premiada, e deseñada e impulsada por tres emprendedores de Lugo, facilita que propietarios de parcelas rurais poidan levalas cunha sinxela aplicación. Os promotores confían en que evitará o abandono de parcelas rurais ao simplificar a xestión dende a distancia.


“Pretendemos que o propietario teña no seu teléfono todos os datos que necesita para manter produtiva a parcela, desde saber onde se atopa localizándoa no mapa, ata saber que plantar, cal será o seu custo e que poida contratar aos traballos necesarios dunha forma cómoda e rápida”, resumen os seus creadores.

 

Esta app naceu para “reducir quebradizos de cabeza aos propietarios e aumentar o número de parcelas que pasan de estar nun grave risco de abandono a ser aproveitables con producións agrícolas e forestais rendibles”. Tamén permite tanto a propietarios como xestores de parcelas coñecer as especies que está permitido plantar nas súas parcelas segundo a normativa vixente. Despois de meses en funcionamento en probas e tras recibir varios premios, a plataforma  Smartwood xa está a totalmente en marcha. Así o aseguran dende Aleutos  S. L., consultora que ofrece servizos de asesoramento e deseño ad-hoc”de software e aplicacións para a dixitalización do mundo rural, a agricultura e o sector forestal.

Sinxela

Traballa introducindo a referencia catastral ou localizando a parcela a través da vista de mapa, de aí obtense a listaxe de especies forestais permitidas nesa localización, así como as distancias de protección que deben deixar en función da zona na que se atopan, ou se é preciso solicitar algún tipo de permiso previo para realizar a plantación en caso de situarse en zonas de especial protección. Ademais, unha vez elixida a especie, a aplicación asesora sobre a correcta configuración da plantación, así como sobre os traballos de mantemento a realizar, á vez que elabora un estudo de viabilidade con todos os puntos de información necesarios para avaliar a decisión de realizar a plantación ou non.

Agricultura e gandería

SmartWood non só aplícase ao medio forestal: a través dun Sistema de Información Xeográfica online agricultores e gandeiros poden ter centralizadas todas as parcelas, de forma que a través da súa vixilancia con imaxes satélite e drons pode acceder a información veraz e real de como se atopa a súa produción ou se están afectadas por algún tipo de praga. Tamén achega a posibilidade de acceder a un caderno dixital de pastoreo, para levar ao día o caderno de agroambientais da PAC, sempre dispoñible ademais no smartphone do gandeiro e  consultable e  editable desde calquera dispositivo.

Resultado dunha necesidade

Os promotores lembran que se deron conta das múltiples dificultades que existían no rural para o aproveitamento de parcelas, “con varios factores contribuíndo negativamente á súa posta en valor”. Como a estrutura da propiedade en Galicia cun elevado número de propietarios (1.6 millóns de persoas titulares catastrais no territorio rural), o pequeno tamaño das propiedades (1.7Ha por propietario) ou a gran dispersión (7.7 parcelas por propietario de 0.23Ha cada parcela), así como a elevada cantidade de normativas (municipais, autonómicas e estatais) que temos.

Por outra banda, o ritmo de vida e horarios de traballo dos propietarios, moitos deles non residentes de forma diaria no rural ou sen tempo para buscar alternativas a parcelas recibidas en herdanza e que coñecían de visitar en vacacións a aldea, non facilita que sexan vistas como unha fonte de ingresos. En moitas ocasións xérase nos propietarios unha “sensación de  frustación” que finaliza na decisión de poñer en venda (con dificultades para atopar comprador) ou ao definitivo abandono das parcelas. Ante esta realidade, SmartWood quere ser “o veciño que xestionaba as parcelas e axudaba aos de fóra”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)