Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Galegos con orixe



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE MAIO DE 2019 · (0)



Os consellos reguladores de Galicia reúnense en Santiago para celebrar un xantar e poñer en valor os seus produtos, cuxo negocio supera os 500 millóns de euros e xera máis de 62.000 postos de traballo directos, con máis de 26.500 familias vinculadas a estes sectores.


Compartir experiencias, gozar dunha boa mesa con selo de calidade galego, poñer en valor os produtos e destacar o gran labor que realizan para o rural galego, son os obxectivos do xantar que celebran os consellos reguladores das indicacións xeográficas e das denominacións de orixe protexidas de Galicia. A cita ten lugar hoxe a partir das 14 horas no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela, nesta ocasión organizada pola IXP Mel de Galicia.

Neste xantar estarán representados todos os produtos de calidade con DOP e IXP galegos. O encontro contará coa asistencia do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, Silvestre José Balseiros Guinarte, e do director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Manuel Rodríguez Vázquez.

Cabe destacar a importancia destes produtos con marca de calidade: xeran riqueza no medio rural galego, fomentan o asentamento da poboación e garanten un futuro sostible, sen esquecer que o labor desempeñado por estes consellos reguladores está a contribuír de forma decisiva na xeración de valor no sector primario galego, impedindo ao mesmo tempo a despoboación do rural.

Os números falan por si sós, pois estamos ante unha cifra de negocio que superou os 500 millóns de euros no anterior exercicio. Esta actividade xera máis de 62.000 postos de traballo directo, repartidos no rural galego entre 26.600 familias. Os operadores agroalimentarios amparados nas denominacións de calidade son conscientes de que herdaron un tesouro e deben preservalo e engrandecelo para transmitilo ás xeracións vindeiras.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)