Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Nace a Asociación de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE MAIO DE 2019 · (0)



O 45% de persoas socias destas cooperativas son mulleres (sobre un total de arredor de 27.800 persoas), pero os órganos de administración contan só cun 22% de participación feminina.


Os datos son os recollidos en 2017 polo Observatorio Socioeconómico do Cooperativismo Agroalimentario Español, que contabiliza os de entidades asociadas a AGACA.  Así pois, o obxectivo da recén nada é o desenvolvemento da muller, sobre todo da súa participación directiva.

Na mañá do pasado 30 de abril foi cando tivo lugar en Santiago o acto de presentación de “NÓS, AS MULLERES”, congregando a decenas de cooperativistas entre socias e membros de consellos reitores e xerentes que queren dar visibilidade á muller empresaria, directiva, profesional e traballadora. Ruth Rodríguez, axente de Igualdade de Xénero en AGACA, explicou que poden asociarse “mulleres que formen parte dos Órganos de Administración ou do cadro de persoal de entidades socias de AGACA, socias designadas de entre o colectivo de mulleres que formen parte das entidades e, en calidade de ‘colaboradores’, persoas xurídicas socias de AGACA e organismos públicos e privados”, e reafirmou a importancia de “romper o teito de cristal e fomentar o emprendedorismo”.

José Montes, presidente de AGACA, destacou a importancia de traballar para que as “xeracións que veñen non teñan que reivindicar a igualdade que aquí hoxe estamos reivindicando“ e Dolores Calvo, vogal de AGACA e vicepresidenta de AMCAE convidou ás mulleres a “perder o medo a participar, a decidir, a ser parte da empresa e entrar nos órganos de decisión“. “Como secretaria xeral de Igualdade da Xunta parécenos que a visibilidade da muller rural é importantísima. É fundamental conciliar vida familiar, laboral e tempo de ocio ao que temos dereito, sen sentirse culpable”, dixo Susana López; mentres Covadonga Toca, secretaria xeral de Emprego destacou que “ninguén pode cuestionar a capacidade das mulleres que xa está máis que demostrada”.

Entre as accións xa programadas pola Asociación atópanse un obradoiro de “Empoderamento de mulleres socias de cooperativas” con sesións formativas e visitas a cooperativas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)