Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A taxa española de emprego feminino supera por primeira vez o 60%



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE MAIO DE 2019 · (0)



Sen embargo, continúa a ser unha das máis baixas da UE-28, está a máis de seis puntos porcentuais do 67,4% que acada o promedio europeo e a case 20 dos países que ocupan os primeiros lugares.


A taxa de emprego das mulleres foi crecendo ao longo dos últimos anos ata acadar en 2018 un promedio do 67,4% no conxunto de países da UE-28. A pesar do avance rexistrado, a taxa feminina segue estando notablemente por debaixo da masculina, que se situou nunha media do 79% o ano pasado.

Entre os países con maiores taxas de emprego feminino destacan sobre todo Suecia cun 80,4% e Lituania cun 76,7%, xunto con Alemaña e Estonia, que superan o 75%. Dinamarca, Letonia, Finlandia e os Países Baixos están por riba do 74%, figurando a continuación o Reino Unido, a República Checa, Portugal e Austria. Chipre, Bulgaria, Irlanda e Luxemburgo sitúanse na contona do 68%, ao tempo que Francia tamén supera o promedio da UE cun 67,4%.

Só oito países da Unión Europea, entre eles España, non logran chegar á media europea. Hungría quédase nun 66,8%, mentres que Bélxica e Eslovaquia comparten un 65,5%. España supera por primeira vez o 60%. A taxa de emprego feminino logrou avanzar dende o mínimo do 53,8% correspondente ao ano 2013 a un 61% en 2018. A pesar diso, a nosa taxa está aínda notablemente por debaixo da media da UE e inclusois lonxe da taxa de emprego masculino do 73,1% rexistrada o ano pasado en España. Por detrás de nós unicamente figuran Romanía, Croacia, Italia e Grecia.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)