Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 46% dos traballadores españois fai máis de catro horas extras á semana



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE MAIO DE 2019 · (0)



Segundo o estudo global desenvolvido por IWG, o 77% das empresas afirma que grazas ao traballo flexible son máis productivas e conseguen atraer máis talento, e o 62% xa conta con políticas para desenvolver espazos de traballo flexible.


Este domingo entra en vigor o Decreto Lei de protección social, que busca poñer fin á precariedade laboral e inclúe a obriga por parte das empresas de que os seus empregados realicen o rexistro das horas da súa xornada laboral. Esta iniciativa lexislativa busca rematar con algúns dos datos reflictidos na Enquisa de Poboación Activa (EPA) do cuarto trimestre de 2018, onde se amosa que 797.000 traballadores españois realizan horas extra nos seus traballos e o 48% deles declara no cobralas. Neste sentido, a nova normativa entra en contraposición coas actuais tendencias laborais, que se orientan cara un modelo de traballo flexible, no que empresa e traballador poidan organizar o seu tempo e a súa xornada laboral de forma máis óptima.

Coas reivindicacións do 1 de maio aínda recentes, IWG lembra que o novo escenario laboral se afasta do modelo tradicional de xornada de oito horas ininterrompidas nunha mesma oficina. Os datos obtidos na súa enquisa global, entre máis de 15.000 entrevistados de 80 nacionalidades diferentes, reflicten que as novas formas de traballo ofrecen ás persoas a liberdade de decidir onde, cando e como traballar.

O estudo amosa como actualmente os espazos de coworking ademais de ser impulsores claves da flexibilidade son quen de atraer e reter o talento dos traballadores. De feito, o 83% dos entrevistados a nivel mundial afirma que, entre dous traballos con características similares, rexeitarían aquel que non ofrecese traballo flexible.

De feito, esta enquisa sinala que o traballo flexible axudou ao 77% das empresas a ser máis produtivas e exitosas. Por este motivo, o 62% das compañías a nivel mundial xa ten políticas de flexibilidade, o que se traduce en que preto da metade dos empregados xa pasan 2,5 días á semana de media fóra das súas oficinas centrais.

Conciliación

No referente á mellora na calidade de vida das persoas, a flexibilidade aumenta a satisfacción dos traballadores ao axudarlles a conciliar a súa vida persoal e laboral. Dende a redución dos tempos de desprazamento ao traballo e o estrés que estes xeran, a unha mellor organización das cargas familiares, a flexibilización das horas de traballo se postula como o piar da conciliación.

Sen embargo, o estudo tamén recolle a dificultade de cambiar unha cultura laboral moito máis ríxida que foi a norma habitual durante moito tempo. E precisamente é España quen lidera a tabla de países con maior resistencia ao cambio, con máis de dous terzos de responsables de negocio que expresaron as súas dúbidas á hora de transicionar cara un modelo de traballo flexible.

Philippe Jiménez, country manager de IWG Group España, comenta: “As novas tecnoloxías permiten que teñamos a posibilidade de realizar o noso traballo dende calquera lugar e en calquera momento. As compañías son cada día máis conscientes de todos os beneficios que ten o traballo flexible e do seu positivo impacto no rendemento, a motivación e a satisfacción no traballo. Dende IWG confiamos en que as empresas formen parte do cambio e aposten por estes espazos especialmente pensados para impulsar a creatividade, a produtividade e establecer unha comunidade profesional dinámica”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)