Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O balneario Termas de Cuntis acolle o domingo o III Desfile de Moda na Vila Termal



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE MAIO DE 2019 · (0)



Na pasarela, que pretende fomentar a cultura e comercio de moda galega, desfilarán 160 modelos coas últimas tendencias en moda infantil e xuvenil, feminina, curvy, lenzaría, roupa de baño, calzado, moda nupcial e de cerimonia, e tocados artesanais.


Organizado por mulleres empresarias –Tevasacasar? Magazine & Web, El Armario de Bubú e Bottino&Tacoo–, o desfile celebrarase no Xardín das Termas do balneario ás 17.00 horas con entrada gratuíta, e conta coa colaboración de Termas de Cuntis, Deputación de Pontevedra, Concello de Cuntis, a asociación Cuntis Comercial Vila Aberta (Cucoba), a empresa de animación infantil Isa Naveiro e o DJ Arial Write.

O desfile, que estará presentado pola directora de marketing e publicidade en España da revista Tevasacasar? Magazine & Web, Mai Andrés, e o locutor en Radio Estrada Pablo Chichas, contará coa participación de 16 tendas de roupa, complementos e calzado, nove salóns de peiteado e catro estudos de fotografía de Cuntis, Caldas de Reis, Barro, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Sanxenxo, Marín, Pontevedra, A Estrada e Ordes. Desfilarán 160 modelos, que amosarán ao público as últimas tendencias en moda infantil e xuvenil, moda feminina, moda curvy, calzado, lencería, moda de baño, moda nupcial e de comuñón, tocados artesanais e xoiaría.

Ademais, o desfile contará coa actuación da cantante Menchy Treviño e Etiqueta Negra. Merchy Treviño é a cantante e coordinadora de Etiqueta Negra, un proxecto de música para este tipo de actividades. Conta cunha dilatada carreira como artista e empresaria, ademais de ser presidenta da Asociación de Empresarios da Verbena Galega (Asevega). Cun repertorio moi diverso para cerimonias nupciais, tanto civís como relixiosas, este proxecto ofértase en distintos formatos, desde solista ata grupo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)