Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O sector da comunicación galego únese no maior congreso sobre ‘marketing’ dixital



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE MAIO DE 2019 · (0)



O I Congreso Atlántico de Marketing Dixital Flúor celebrarase o 13 e o 14 de xuño en Pontevedra, onde se reunirán máis de 20 relatores de multinacionais como Microsoft, LinkedIn, New Balance ou Iberdrola, axencias e consultores, tendas online e influencers.


Flúor ofrece dous días de conferencias e mesas redondas sobre Negocio Dixital, Publicidade Dixital & Branding e Social Media, talleres de diferentes temáticas, e networking entre profesionais. Entre os relatores figuran directivos de multinacionais e consultores de relevancia como Juan Luis Polo (Good Rebels), Javier Regueira (Branded Content), Tristán Elósegui ou Roberto Carreras (Voikers). Os contidos ábrense tamén a temáticas de actualidade como as plataformas de televisión ou o papel dos influencers, e asuntos de calado social como a igualdade de xénero e a diversidade na publicidade dixital.

O congreso está organizado polo Clúster de Comunicación de Galicia, que une a toda a cadea de valor da comunicación nesta comunidade autónoma: impresores, deseñadores, creativos, axencias de publicidade, de medios, marketing dixital, directores de marketing e directores de comunicación. Un comité técnico integrado por máis de 15 empresas do sector colaborou durante os últimos meses para crear o concepto e contidos do encontro, polo que Flúor representa un proxecto colectivo de todo o sector galego da comunicación.

Como proxecto de todo un sector económico, conta co apoio institucional da Xunta, o Concello de Pontevedra e Abanca, ademais de axencias de marketing e servizos dixitais como Iconweb, Bysidecar, Roi Scroll e Dinahosting. O congreso está aberto a todos os empresarios, directivos e profesionais interesados en coñecer de preto as ferramentas, técnicas e estratexias dixitais máis eficaces para marcas, empresas e negocios online. As inscricións poden facerse xa na web www.congresofluor.com.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)