Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Preparando Termatalia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE MAIO DE 2019 · (0)



Vinte e cinco expertos en turismo de saúde e industria termal do comité asesor reuníronse onte á mañá no Centro Cultural da Deputación de Ourense para perfilar a 19ª edición da Feira de Turismo Termal. Foi a primeira xuntanza á que acodiu a nova directora da feira, Emma González.


A “Semana  Termatalia” - este ano Brasil é o páis invitado- concentrará na provincia de Ourense, entre o 17 e o 21 de setembro varios eventos internacionais. Os días 19 e 20 de setembro e aproveitando as sinerxias celebraranse de forma complementaria, o Congreso Internacional sobre Termalismo e Reto Demográfico organizado polo proxecto “Raia Termal” no Balnearios de Lobios co liderado da Deputación Provincial de Ourense, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e os municipios termais transfronteirizos.

O outro encontro profesional da semana será a III edición do  Symposium sobre Termalismo e Calidade de Vida liderado polo Campus da auga da Universidade de Vigo.  Xunto á nova directora da feira estaban a directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro; o alcalde de Ourense e vicepresidente executivo de Expourense, Jesús Vázquez; a deputada provincial de Termalismo, Ana Villarino; o concelleiro de Termalismo de Ourense, Jorge Pumar; e o vicepresidente da Cámara Municipal de  Chaves., só por citar a algún dos presentes.  A presenza neste comité de representantes de distintas administracións, de empresas, asociacións profesionais e Universidade, é un bo exemplo de cooperación público-privada internacional e ratifícaa no seu papel de ponte de conexión entre o termalismo europeo e o latinoamericano.

A profesionalización do sector

Seguirá ocupando un lugar destacado na próxima edición da feira a través da Bolsa de Contratación Turística entre Operadores de turismo e Establecementos turísticos, Provedores de Bens de Equipo e potenciais importadores de diversos países, augas de bebida envasadas e distribuidores así como visitantes profesionais procedentes dunha trintena de países. Ademais, ofreceralles aos profesionais internacionais a posibilidade de realizar roteiros pola comunidade para coñecer in situ a oferta da contorna.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)