Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 40% dos traballadores con contratos de formación continúa logo na empresa



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE MAIO DE 2019 · (0)



Coa chegada do verán prodúcese un aumento importante deste tipo de contrato, que é o único bonificado que existe dende o 1 de xaneiro. Segundo datos do SEPE de 2018, o 21,31% dos contratos de formación transformáronse en indefinidos e case o 18% foron prorrogados.


Dun total de 52.803 contratos de formación e aprendizaxe subscritos en 2018, o 40% tivo un futuro positivo. Así o conclúe o Observatorio para ol Contrato de Formación e Aprendizaxe impulsado por Audiolís, centro de empregabilidade especializado neste tipo de contratos, tras analizar os datos oficiais do SEPE. Neste sentido, hai que ter en conta que o contrato de formación, que debe ter unha duración mínima dun ano, pode prorrogarse ata dúas veces, ata acadar unha duración máxima de tres anos, cando xa debe transformarse a indefinido.

Trátase de cifras moi optimistas se se ten en conta que o contrato de formación é un dos máximos expoñentes da formación dual, permitindo a mozos menores de 25 anos e en situación de desemprego acceder ao mercado laboral e desenvolver unha actividade laboral retribuída nunha empresa á par que se forman.

Volvendo ás cifras ofrecidas polo SEPE, ao igual que ocorre con outras modalidades contractuais, son os meses de verán os que concentran un maior número de contratos de formación. En 2018, en particular, case o 30% dos contratos formativos realizados concentrouse entre os meses de maio e agosto. Por comunidades, Andalucía é a que máis contratos de formación rexistra, sendo Málaga e Sevilla as provincias máis destacadas. En concreto, o 26,23% dos contratos celebrados tiveron lugar nesta comunidade, é dicir, un total de 13.849.

Previsións

Para este ano espérase que a cifra sexa aínda maior xa que, dende o 1 de xaneiro, o contrato de formación é o único contrato bonificado que existe no mercado, posto que o Goberno eliminou as bonificacións doutros contratos como o de prácticas. Neste caso en concreto, trátase trata dunha redución do 100% das cotas á Seguridade Social, polo que o empresario só debe asumir o salario do traballador.

Ademais, as empresas tamén obteñen beneficios fiscais por converter os contratos de formación en contratos indefinidos, un aliciente que no pasa inadvertibido. Así, do total de contratos convertidos a indefinidos en 2018, o 12,66% eran contratos de formación. Aínda que a cifra no pareza significativa, debemos ter en conta que só o 3,9% dos contratos asinados en 2018 pasaron a ser indefinidos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)