Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Celebrando 20 anos de traballo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE MAIO DE 2019 · (0)



A sede do Real Club Celta de Vigo acollía onte á tarde o vixésimo aniversario da implantación en Galicia da firma xurídica e consultoría Balms Abogados. Corina Porro, presidenta do Consello Económico e Social de Galicia, presidiu un evento que xuntou a máis de 200 avogados da firma, clientes e representantes do tecido socioeconómico vigués.


O aniversario coincide tamén cos 30 anos da fundación de Balms Group International dentro do congreso anual que a firma está a celebrar estes días en Galicia. O seu presidente, Juan Balmaseda de Ahumada, deu as “grazas ao esforzo dos fundadores e do equipo humano que traballa en Galicia, porque Balms Abogados logrou ser unha referencia”.

Antonio Heredero, o fundador de Balms Abogados Vigo, quixo incidir no labor social da Fundación  BALMS “é un especial motivo de orgullo, xa que a través a fundación puidemos dar apoio a máis de 1.300 nenos en África e América”. E Juan Camacho, socio fundador, quixo agradecer aos clientes e amigos a confianza depositada.

Fundada en 1989 conta cun equipo xurídico especializado en Dereito Público e Privado. Ten oficinas en Marbella, Madrid, Vigo e Barcelona e a través da Rede Balms Group  International (BGI) conta con presenza internacional enAlemaña, Austria, Bélxica, Brasil, Chile,  Emiratos Árabes, España, Grecia, Guinea Ecuatorial, Hungría, Irán, Luxemburgo, México, Panamá, Reino Unido, República  Surafricana, Romanía e Rusia. Ademais, BGI tamén se dedica a accións sociais que xestiona a través da Fundación Balms para a Infancia, con proxectos actualmente en Colombia, Perú e O Congo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)