Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Afapan pide un ciclo de formación profesional de panaderías para Lugo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE MAIO DE 2019 · (0)



O sector “ten déficit de traballadores especializados”, afirma a Asociación Provincial de Fabricantes de Pan de Lugo, a única provincia galega que non ten con formación específica na materia. A súa suxerencia: que o IES Sanxillao acolla esta titulación. “Un excelente complemento á súa especialización en ciclos de cociña, gastronomía e restauración”.


Os empresarios do pan lucense piden a rápida implantación na provincia da titulación de grao medio de técnico en “Panadería, Repostería e Confeitería”, ante a grave falta de profesionais cualificados que necesitan nos establecementos. Anotan que sería unha medida finalista, porque “somos as propias empresas as que solicitamos a formación".

O colectivo subliña que “a falta de persoal cualificado vense sufrindo xa desde hai anos, un problema que se agudizou nos últimos tempos ata o punto de que resulta totalmente imposible atopar traballadores”, o que compromete futuro e presente destes negocios. Buscado solucións áxiles en AFAPAN puxéronse en contacto co IES Sanxillao, o centro educativo que consideran “idóneo” para acoller a titulación “porque a súa especialización en titulacións relacionadas con cociña, gastronomía e restauración farían que resultase máis fácil implantar o ciclo de panadería, enriquecendo a propia oferta deste instituto”. Sinalan, ademais, que recentemente se comunicou que “a Xunta destinará preto de dous millóns de euros para a ampliación do centro e novas instalacións”. O que consideran que debería ser aproveitado para “implantar esta titulación, o mellor modo de optimizar este investimento”.

O subsector de panadería agrupa a máis de duascentas empresas en Lugo e é punta de lanza dentro do sector alimentario, por iso lembran que “coa titulación de panadería conseguiríanse axuntar dous dos esforzos máis importantes perseguidos polo noso sistema de FP: capacitar aos traballadores as competencias que ,segundo o Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionais, son as que mellor dan respostas ás esixencias do mercado; e facilitar a inserción laboral duns traballadores que van ser formados con posibilidades de contratación. A organización empresarial púxose en contacto tamén coa Consellería de Educación e coa Delegación Territorial da Xunta en Lugo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)