Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Unha perspectiva de futuro para o planeta e as empresas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE MAIO DE 2019 · (0)



Expertos en economía circular destacan a necesidade de implantar esta estratexia de produción a gran escala durante unha xornada celebrada onte na sede da Confederación de Empresarios de Galicia.


Nesta línea, María Inés Trigo, técnica do Ministerio do Mar de Portugal, presentou a Ocean Invest Portugal, unha plataforma online para promocionar os produtos e servizos de innovación da economía azul portuguesa, que están aliñados coa Axenda 2020-2030, que integra os obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU y que “claramente vai na liña dos principios da economía circular como son que o desperdicio final será o mínimo indispensable, o aproveitamento de recursos ou a introdución na cadea produtiva dun nuevo valor pola reorganización de novos produtos”.

Pola súa banda, Manuel París, membro da Axencia Galega de Innovación (Gain), explicou en que consiste o proxecto C-Voucher, que pretende axudar a mellorar o rendemento das pemes mediante a introdución de criterios de economía circular. Este programa, no que pode participar calquera pequena ou mediana empresa europea, concede axudas tanto monetarias como técnicas para proxectos en saúde, mar, téxtil, agroalimentación e fabricación.

Alba Nogueira, catedrática de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC), reivindicou durante a súa intervención o papel determinante que xogan os poderes públicos a través de incentivos para camar cara un planeta sostible sustentado nunha economía circular. “As políticas de innovación da Administración teñen que estar visualizando cales son esas futuras áreas de negocio nas que os recursos se estean continuamente aproveitando e que as empresas galegas sexan as primeiras en estar aí”, declarou a catedrática.

Atraso

De todas formas, e enlazando con isto último, Nogueira lamentou que aínda non haxa regulación específica de economía circular nin en España nin en Galicia –“aínda seguimos esperando pola Estratexia Galega de Economía Circular, aínda que si temos normativa en residuos”, apuntou–, e destacou os casos de Holanda e Dinamarca como países moi avanzados nesta estratexia de produción.

A xornada contou tamén coa intervención dos representantes de empresas punteiras na aplicación de criterios de economía circular para a produción de libros sostibles, a transformación do dente de tiburón nun biomaterial para a rexeneración ósea, o papel das fibras no contexto de innovación, cooperación multisectorial e desenvolvemento sostible da competitivade empresarial e a reinterpretación dos residuos a través da transformación das prendas téxtiles.

Esta actividade, organizada polas Redes de Información Europea en Galicia e Norte de Portugal Europe Direct, Enterprise Europe Network, Eures, Eurodesk, Team Europe e a propia CEG, celebrouse con motivo da conmemoración do Día de Europa.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)