Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A docente da Facultade de Economía e Empresa Rosa Mariz Pérez, I Premio Profesorado Internacional



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE MAIO DE 2019 · (0)



O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, entregoullo na Sala de Prensa da Reitoría polo seu traballo por promover a internacionalización da facultade, impulsando a mobilidade de alumnos e profesores. O seu labor no desenvolvemento dos títulos bilingües e a súa faceta investigadora con proxectos internacionais son méritos engadidos.


A entrega do premio produciuse na recepción de persoal de universidades estranxeiras que participan estes días na IV Erasmus Staff Training Week que ten lugar na Universidade da Coruña.

A Staff Week ten como obxectivo intercambiar experiencias de mobilidade internacional e de xestión por parte do persoal administrativo, compartir exemplos de boas prácticas e dar a coñecer as universidades estranxeiras dentro deste colectivo para poder realizar futuros intercambios de mobilidade.

Ao acto de apertura acudiron, ademais, o secretario Xeral, Carlos Aymerich, e o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, para dar a benvida ao persoal de administración de universidades tan distantes como Romanía, Eslovenia, Turquía, Armenia, República Checa, Eslovaquia, Italia, Lituania, Polonia, Túnez o Moldavia.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)