Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A TV xaponesa interésase por un sistema galego de produción de vídeo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE MAIO DE 2019 · (0)



Representantes da cadea local Seteouchi visitaron onte as instalacións de Cinfo na Coruña para coñecer o funcionamento do sistema de seguimento automático de xogo que desenvolve esta compañía e as súas funcionalidades avanzadas.


Trátase da aúnica estación da rede de TV Tokyo Network que retransmite na rexión de Chugoku-Shikoku, cuxos representantes acudiron a Cinfo para coñecer de preto o funcionamento de tiivii, o sistema intelixente de produción automática de vídeo na nube desenvolvido pola compañía e a súa posible aplicación para a retransmisión en directo de partidos de béisbol, fútbol americano e voleibol, que se atopan entre os deportes importados do exterior con maior tradición no país.

Durante o encontro, o CEO de Cinfo, Antonio Rodríguez del Corral, explicou aos membros de Contents & Solutions Business Departament of TV Setouchi, Andrea Funaro e Hirokazu Shimauchi, as vantaxes da solución tecnolóxica de Cinfo, que permite grabar, realizar e emitir en directo e de forma automática encontros deportivos e outro tipo de actividades, sen necesidade de desprazar equipos técnicos, a través da instalación dun sistema de múltiples cámaras automatizadas con calidade 4K.

Previamente e durante a fin de semana, os directivos de TV Setouchi tiveron a oportunidad de comprobar nalgunhas das instalacións deportivas que xa están traballando coa solución de Cinfo en Galicia como funcionan os seus algoritmos intelixentes para realizar o seguimento automático do xogo, escollendo en cada momento os mellores planos.

Misión inversa

É a segunda vez que representantes da cadea, principalmente centrada na emisión de programas de cociña e contidos de anime, visitan Cinfo, tras unha primeira toma de contacto realizada en novembro como parte dunha misión comercial inversa organizada polo Clúster TIC e na que as funcionalidades avanzadas de tecnoloxía e as súas posibilidades para optimizar o traballo dos equipos técnicos e de reducir substancialmente os custos de produción chamaron positivamente a atención da cadea xaponesa.

A implantación da solución de Cinfo suporía para TV Setouchi unha alternativa de baixo custo aos sistemas tradicionais de grabación, produción e distribución de encontros deportivos, pero con múltiples funcionalidades avanzadas e profesionais como realización remota na nube, multicámara ou experiencias de realidade virtual, así como a posibilidade de introducir grafismos e estatísticas, a narración dun comentarista en directo, zooms na imaxe ou crear repeticións das mellores xogadas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)