Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A taxa feminina en postgraos de Galicia é a segunda máis baixa de España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 15 DE MAIO DE 2019 · (0)



o 48% dos matriculados galegos é muller, o que converte a esta comunidade autónoma nunha das dúas, xunto a Castela-A Mancha, onde o número de alumnas é menor ao de alumnos, segundo un estudo realizado por IMF Business School.


Volver ás aulas unha vez licenciado? Formación adicional para lograr un ascenso profesional? Reinventarse aos 40? O auxe da dixitalización esixe máis preparación? Moitas destas cuestións non parecen desatinadas nun momento no que o número de matriculados en másteres oficiais aumentou un 77,7% nos últimos sete anos, segundo cifras do Ministerio de Educación.

Formación presencial, online, electronical learning, mobile learning, executive, semipresencial ou blended. Os formatos e métodos de formación non só se multiplicaron nos últimos anos, senón que evolucionaron. Pero quen estuda un máster e postgrao en España? Para poder elaborar unha radiografía do perfil en España, IMF Business School realizou un estudo a partir de 1.130 enquisas a estudantes que concluiron a carreira e profesionais que están pensando en realizar un máster ou postgrao, con idades comprendidas entre os 23 e os 45 anos, a nivel nacional e rexional.

De acordo con esta análise, en España o 52% dos alumnos de postgrao é muller, ten entre 23 e 27 anos, estudos e traballa por conta allea. Dato que contrasta co caso de Galicia, cuxa taxa do 48% de mulleres matriculadas é a segunda máis baixa de España, só por detrás de Castela-A Mancha. Noutro extremo, Navarra, Cataluña e a Comunidade Valenciana son as comunidades coa maior taxa de mulleres matriculadas en másteres ou cursos de postgrao, situándose ata tres puntos por riba da media nacional.

Outro dato significativo ten que ver coas motivacións á hora de realizar un máster ou postgrao. Pese a certas crenzas establecidas, o acceso ao mercado laboral non é a razón máis común á hora de optar por este tipo de formación. Así, conseguir un aumento de soldo é o principal motivo para o 52% dos galegos, cifra lixeiramente superior á media nacional do 49%. Como segunda opción atópase o acceso ao emprego, 33% fronte ao 39% dos españois, e a reorientación laboral, 14% fronte ao 13% do promedio nacional.

Os resultados do estudo, ademais, desmenten a teoría de que os desempregados son os que máis se forman. De feito, en Galicia se aprecia que o perfil máis común entre os estudantes que optan por esta formación son empregados por conta allea, recén licenciados e en prácticas.

Busca e referencias

Se falamos das ferramentas máis comúns de busca de máster e postgrao, seis de cada dez españois destacan Google, cifra que descende ata o 58% en Galicia. En segundo lugar atópanse as redes sociais, a opción favorita para un 16% dos españois e o 14% dos galegos. O terceiro posto ocúpano os medios non especializados (12%), seguidos de preto polos medios e blogs especializados en temas de formación (11%). Sen embargo, en Galicia son os medios especializados os que ocupan a terceira posición co 15%, mentres que os non especializados se quedan nun 13%.

Se comparamos os datos con outras comunidades, Estremadura, Canarias e Andalucía son as comunidades autónomas onde is se utilizan as redes sociais como ferramenta de busca para obter información, mentres que A Rioxa, Navarra e o País Vasco son as comunidades coas cifras máis baixas.

Ao preguntarlles sobre os seus referentes á hora de elixir un máster ou postgrao, os españois sinalan aos antigos alumnos como primeira opción, seguido de familiares e amigos. A diferenza do que ocorre a nivel nacional, no caso de Galicia, os amigos e a familia ocupan as primeiras posicións como referentes, seguidos dos antigos alumnos. A máis distancia, séguenlles a prensa, a radio, a publicidade exterior e, aínda que pareza sorprendente, a televisión, que ocupa o último lugar.

O momento da elección

Para os estudantes españois existen tres aspectos claves á hora de decantarse por un ou outro máster oo curso de postgrao: metodoloxía, horarios eprofesorado. En canto á metodoloxía, a opción preferida polo 57% dos galegos (cifra superior en dous puntos á media española), é a formación mixta ou blended, modalidade que une a formación presencial coas vantaxes do uso das novas tecnoloxías, se ben os galegos son os que máis apostan pola formación presencial a nivel nacional, cunha porcentaxe que acada o 28%. Non en van, Galicia é a comunidade autónoma onde a formación puramente online rexistra as cifras máis baixas de toda España, cun 15%.

Ao preguntar polos horarios, catro de cada dez estudantes elixiron a opción da fin de semana (41%), dato que vén confirmar que a maioría deles se atopa traballando. Unha opción que non se mantén entre os galegos, que prefiren estudar polas tardes (41%) en vez das fines de semana (40%).

Por último, en canto a que é o que máis valoran do profesorado, o 52% dos estudantes galegos sinala que a súa traxectoria profesional (51% en España), seguida da súa formación académica (37%, a mesma que nopromedio nacional) e, como última opción, o prestixio mediático (11%, lixeiramente por debaixo da media española). Estes datos din moito do peso que a profesionalidade e a seriedade dos profesores ten á hora de elixir un máster ou curso de postgrao.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)