Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cara o desenvolvemento sostible



REDACCIÓN · PUBLICADO O 31 DE MAIO DE 2019 · (0)



Máis de 4.000 normas españolas UNE, entre as que destacan a ISO 9001 de Xestión da Calidade ou as Especificacións sobre Industria 4.0, axudan ás empresas a conseguir os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 da ONU.


Así o anunciou a Asociación Española de Normalización, UNE, con motivo da súa Asemblea Xeral, correspondente ao exercicio 2018, na que presenou o seu Plan Estratéxico para o período 2019-2021, que ten como obxectivo axudar ás empresas e administracións públicas a impulsar a aplicación das normas que necesitan para facer fronte aos seus retos.

Un exemplo ilustrativo son os ODS. As normas ou estándares facilitan ás organizacións a consecución dun ou varios Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, xa que proporcionan unha linguaxe común e criterios medibles, baseados no coñecemento, consenso e colaboración que require este reto global. As normas son documentos ao alcance de todos que conteñen o consenso do mercado sobre as boas prácticas en cuestións importantes para as empresas.

Así, numerosas normas do catálogo español axudan a conseguir o ODS 9 Industria, Innovación e Infraestrutura. Entre estas, destaca a UNE-EN ISO 9001 de Xestión da Calidade, a ferramenta de xestión da calidade máis extendida no mundo con máis dun millón de organizacións que a aplican eficazmente. Tamén ilustrativas son as Especificacións UNE 0060 e UNE 0061, que establecen os requisitos para poder considerar unha Industria Dixital. Estas foron elaboradas en UNE coa participación e consenso dun grupo de expertos, baixo o impulso do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, para facilitar a dixitalización da industria española.

Saúde e benestar

No caso do ODS 3 Saúde e Benestar, existen varias normas que axudan a conseguir este obxectivo, que persegue garantir unha cobertura universal sanitaria e o benestar da poboación global. Entre estas, atópanse a UNE 179003 de Seguridade do Paciente, e a ISO 45001 de Xestión de Seguridade e Saúde no Traballo, publicada en 2018.

Respecto ao ODS 13 Acción polo Clima, as organizacións teñen á súa disposición numerosas normas que lles axudan a acadar este obxectivo, que busca tomar medidas urxentes para combatir o cambio climático. Entre outras, destacan a UNE-EN ISO 14001 de Xestión Ambiental, que axuda a previr os riscos ambientais ou a UNE-EN ISO 14064 da Pegada de Carbono, que permite cuantificar os gases de efecto invernadoiro dunha organización.

Pola súa banda, a UNE 178501 de Destinos Turísticos Intelixentes, estándar español pioneiro no mundo, axuda a conseguir o ODS 11 sobre Cidades e Comunidades Sostibles. Todas as normas do CTN 178 facilitan ás organización o logro deste obxectivo.

32.930 normas en catálogo

En 2018 incorporáronse 1.883 novas normas técnicas ao catálogo español, xestionado por UNE, que acada os 32.930 estándares, o que o consolida como un dos máis completos do mundo. Estes estándares axudan ás empresas e administracións públicas a superar con éxito os seus grandes desafíos en eidos como exportacións, innovación, dixitalización, formación, responsabilidade social ou no despregue de políticas públicas.

As normas técnicas son a linguaxe que falan os mercados internacionais. De feito, segundo a OCDE, o 80% dos produtos que se comercializan no mundo están suxeitos a elas, facilitando a exportación de bens e servizos. Do total do catálogo de normas español, o 75% son adopción de normas europeas, mentres que o 35% son tamén internacionais, o que favorece o acceso aos mercados exteriores das empresas españolas.

Ademais, as normas axudan ás administracións públicas no cumprimento regulamentario e o despregue das políticas públicas. Así, o 12% das normas do catálogo español están citadas na lexislación nacional. Estas normas teñen beneficios económicos para as empresas, podendo supoñer ata o 5% dos seus ingresos anuais por vendas, segundo un estudo de ISO. Para o conxunto da economía española, as normas xa supoñen o 1% do PIB.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)