Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 71% das empresas do Ibex 35 esquécese do talento sénior



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE XUñO DE 2019 · (0)



O informe “Carreira e talento sénior” da Fundación Compromiso y Transparencia denuncia o abandono e a discriminación dos empregados de máis de 50 anos que teñen estas compañías nos seus cadros de persoal.


O informe, dispoñible en www.compromisoytransparencia.com, foi presentado onte en Deusto Business School, nunha xornada titulada “Edadismo, discriminación por idade no mercado laboral”, organizada pola Fundación Selectiva, onde o seu presidente, Alejandro Vigil, lembrou que esta situación “está moi presente no mercado laboral. Se nos fixamos nos datos do paro da última Enquisa de Poboación Activa, é máis que evidente que a discriminación se cebou cos maiores, un colectivo que representa preto do 40% dos desempregados en España, superando en máis de 10 puntos aos mozos”.

Esta primeira análise nace coa intención de situar na axenda do Ibex 35 a xestión do talento dos traballadores que superan os 50 anos de idade. “Pese a tratarse dun problema grave chama poderosamente a atención o pouco interese que as empresas viñeron prestando a esta cuestión. Pódense contar cos dedos dunha man as compañías que ten políticas e prácticas concretas para evitar a discriminación real dos maiores de 50 anos. Ningún país pode permitirse prescindir do seu talento sénior e, especialmente España, que dende hai anos sofre un envellecemento progresivo da poboación que puxo en cuestión a sostibilidade do sistema xeral de pensións”, explica Javier Martín Cavanna, coautor do informe e fundador e director de Compromiso y Transparencia.

Para medir o compromiso das empresas na xestión do talento sénior analizáronse 14 indicadores que abordan aspectos como a existencia nas compañías de políticas de diversidade que contemplen a lonxevidade, a transparencia na información dos empregados en función da idade, as medidas para evitar sesgos nos procesos de recursos humanos, as iniciativas e proxectos específicos para promover a saúde e a seguridade laboral dos seus séniors, ou a participación dos empregados prexubilados e xubilados en actividades da compañía.

O informe destaca que se ben os temas de diversidade entraron con forza nas empresas, aínda se focalizan maioritariamente nas cuestións de xénero e discapacidade. Pouco máis da metade das empresas (57%) fan unha referencia tamén á diversidade por idade ou xeneracional.

Entre os indicadores con maior cumprimento resalta que o 83% das empresas publica a pirámide de idade dos seus traballadores, aínda que “sería conveniente ampliar o número de franxas”, sinala o documento, e o 66% detalla a idade dos empregados que causan alta e baixa na compañía. Destaca a práctica de catro delas (Endesa, Iberdrola, Naturgy e Red Eléctrica de España), que informan sobre o número de persoas que poderían xubilarse no prazo de cinco ou dez anos.

Ampla marxe de mellora

No lado negativo, chama a atención que ningunha das empresas cotizadas cumpra cos indicadores relativos á inclusión da diversidade xeneracional nas políticas de contratación para evitar os sesgos de idade nos procesos de selección e promoción, nin tampouco nas actividades formativas.

Tan só o 9% da mostra (Naturgy, Red Eléctrica de España e Sabadell) abordou de forma directa e integral o impacto do envellecemento do cadro de persoal nas súas organizacións. Estas compañías levan a cabo estudos ou proxectos da realidade xeneracional ou implantan modelos de xestión da idade.

Catro empresas (Ferrovial, Inditex, Naturgy e Red Eléctrica de España) recoñecen nos seus documentos públicos a existencia de iniciativas internas focalizadas na saúde dos seus empregados, especialmente dos máis sénior, e dirixidas ao envellecemento activo e á prevención de problemas físicos e de saúde. Nunha liña similar, as tres últimas realizan accións de mobilidade do persoal sénior implicado en tarefas de mantemento, operacións, traballos de campo, etc., cara postos de menor esixencia física.

Sete compañías (Enagás, Endesa, Iberdrola, Mapfre, Naturgy, Red Eléctrica de España e Sabadell) realizan e comunican actividades de transmisión de coñecemento entre xeracións, mentorización séniors-júniors, de relación interxeneracional ou de relevo xeneracional.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)