Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Rodman constrúe unha patrulleira para Vixiancia Aduaneira por 8,2 millóns de euros



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE XUñO DE 2019 · (0)



A adxudicación é unha inxección económica e de imaxe importante para a industria naval galega. Foi feita o pasado abril pero o 29 de maio produciuse a firma do contrato en Madrid. Desde agora o estaleiro vigués disporá de 15 meses para poñer ao dispor do Departamento de Aduanas a embarcación, cunha eslora de 42 metros.


O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, valora como unha “oportunidade” esta adxudicación pola que o Ministerio de Facenda abonará á empresa galega 8.212.270 euros. O contrato especifica que a subministración farase no peirao de Vigo onde radica a empresa. O encargo consolida, a xuízo da compañía, “o saber facer e o coñecemento do estaleiro no deseño e construción de patrulleiras de altas prestacións, o que permitiu penetrar nun novo segmento”.

A nova embarcación poderá operar en situacións de pretemporal ata un estado de mar 7 e alcanzar os 23 nós de velocidade grazas á propulsión de dous motores  diesel de catro tempos que accionarán dúas hélices. Tamén mellora maniobrabilidade e autonomía e con iso as condicións do servizo da Axencia Tributaria, que inclúe as tarefas de patrullaxe no mar territorial, zona contigua e  augas internacionais, represión do contrabando, interceptación, visita, rexistro, presenza física e vixiancia do cumprimento das leis nacionais e internacionai



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)