Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Formación actualizada



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE XUñO DE 2019 · (0)



Unha nova quenda de charlas da Oficina de Transformación Dixital (OTD) do Colexio de Enxeñeiros Industrias de Galicia, sumaba onte dúas sesións para falar de aplicacións da tecnoloxía blockchain en diferentes contornas e detallar como aplicar a nova lei de protección de datos con ciberseguridade.


A formación sobre blockchain ofreceuna Daniel Cerqueiro, licenciado e doutorado en Ciencias Físicas e actual CMO de Docuten, e Celia Fariña Pagés, licenciada en Física, máster en Telemática e actual responsable de protección de datos da delegación do Grupo Isonor na Coruña, que expuxo os cambios normativos nesta lei.

Daniel Cerqueiro describiu como esta tecnoloxía, desenvolta na última década, elimina intermediarios a través do uso de redes compartidas e ten aplicacións a nivel práctico como contratos intelixentes, seguridade nas transaccións ou certificación da veracidade documental. A pesar da crecente popularidade do blockchain, aínda “gran parte da sociedade e dos propios empresarios non chegan a entender cal é realmente o seu potencial e se é algo máis que unha ferramenta para crear  criptomoedas”. Por iso é polo que dedicase boa parte da súa intervención para comentar diversos exemplos de uso para comprobar o uso potencial nas empresas.

Celia Fariña Pagés expuxo despois os cambios normativos da lei de protección de datos e da garantía dos dereitos dixitais para a continuación abordar como se poden aplicar na empresa a través da  ciberseguridad. Fixo fincapé nas principais ameazas para as compañías e nas formas máis eficaces de afrontalas. O freceu un enfoque práctico co que se puido apreciar como a tecnoloxía incide na protección de datos, examinar as novas obrigacións das empresas nesta materia e coñecer ferramentas coas que cumprilas.

As actividades de onte enmárcanse nun intenso calendario de 124 accións coas que o Icoiig chega ás sete principais cidades galegas ata setembro. Todas son de acceso libre e gratuíto para as empresas interesadas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)