Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Como previr os delitos nas empresas?



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE XUñO DE 2019 · (0)



A Asociación Área Empresarial do Tambre celebrou onte unha sesión sobre o sistema “Corporate Compliance” para o control e prevención de riscos legais de carácter penal nas empresas, na que participaron avogados de Quality Consultores.


Os letrados Nino Lourido, Ignacio Borregán e María Montoto foron os encargados de explicar aos representantes das compañías da área empresarial que asistiron á sesión informativa a necesidade de implantar medidas de prevención de delitos para verificar o nivel de cumprimento de todas as normas da empresa, tanto a nivel interno como externo. Os avogados sinalaron que, tras a reforma da normativa en 2015 que regula a responsabilidade das persoas xurídicas, esta necesidade viuse incrementada.

Na xornada destacouse que coa implantación do sistema de “Corporate Compliance”, as empresas evitarán ser responsables penais dos actos que realicen os seus traballadores, ou polo menos minimizarán os danos. Segundo apuntaron, no panorama actual de crise e escándalos económicos, financeiros, empresariais e políticos, dispor dun sistema de control e prevención de riscos supón unha vantaxe competitiva fronte a terceiros, ofrecendo “confianza e garantía” a clientes e investidores e permitindo optar a proxectos de contratación pública e privada. “Supón unha vantaxe competitiva con implicacións positivas en diversos ámbitos da organización”, indicaron os avogados.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)